Concertos

cartaz concertos low

Podes mercar as entradas anticipadas para o concerto do sábado AQUÍ.

Os pontevedreses Unicornibot son unha das bandas estatais co directo máis enerxético e divertido que poderás atopar. Prescindindo da voz, levan case cinco anos paseando por España, Portugal e outros moitos países de Europa a súa tola mezcla de rock instrumental de alto volume, unha posta en escena de contacto total co público e sentido do humor, deixando por onde pasan unha cada vez máis grande lexión de seguidores. O seu último traballo, Mambotron (Matapadre, 2013) foi referenciado como un dos mellores traballos do ano pasado en todos os medios de comunicación especializados.

unicornibot

Calixta son un dúo enerxizante de rock directo, cru e sanguinolento, Só armadas con batería, guitarra e quintais de actitude, son unha batedora imparable de garage, sludge, grunge e distorsión en xeral. Dúas rapazas con ganas de papar o mundo e con moi pouco reparo en ensinar os dentes, levan xa uns meses dando moito que falar en Galicia e os seus próximos movementos empezan a ser agardados con ansiedade. O Carballo Interplay é o vindeiro.

calixta

Bigote Mix é o nome detrás do que se agacha cando pincha o pervertido musical compostelano Marcelino B. Dende principios de século vai realizando unha serie de CDs de misturas que demostran que non é o millor DJ nin o máis guapo, pero si o máis carallante. Toca calquera pau sen medo ás críticas, a única finalidade é a diversión (tamén a del). Cumbia, Electro, Funk Brasileiro, Kuduro, Pop, Tribal Guarachero, Corridos, Nu-Rave, Rumba e moito pun-chis-pa chis.

Podedes escoitar algunhas das últimas mixtapes en temazo.org .

bigote mix

ARABIAN EVILS é o proxecto de 4 rapaces de Carballo aos que lles gusta o punk, o skate, a cervexa barata e a pizza. Cristian Andrade e Andrés Andrade, membros doutros grupos xa extintos, forman a mediados de 2013 a banda xunto con Dani Vecino e Adrián Vilanova tras ver que as súas ideas musicais e a súa paixón polo monopatín eran semellantes e raras nun pobo pequeno.

Mesturan o punk melódico e soleado de bandas californianas como Green Day, NOFX ou Pennywaise coa primeira onda do hardcore como Black Flag. Todo empatizado con tinguiduras surf cos Dead Kennedys sempre presentes e un son próximo a bandas da nova xeración garagera americana como FIDLAR ou Wavves. Música para patinar ou facer o cafre en directo á beira da praia.

arabian evils

Apart, nace no ano 2013 en Carballo, formada por Pedro Ramos, Iago Pardiñas, Ines Blanco, Robin Mallo e Daniel Barreiro.

Unha melódica voz feminina acompañada dun son coidado e potente caracteriza o estilo do grupo. O seu repertorio combina composicións propias con temas do rock e indie internacional.

Apart é unha banda xoven que busca facerse un oco na actual escena musical.

apart

The Gentlemen Band nace no ano 2011 da man dun grupo de adolescentes de 16-17 anos baixo o nome dos Green Cold Padron Peppers. Uns meses máis tarde, úneselles outro rapaz da súa idade como guitarra solista. Nace entón The Gentlemen Band, que mantivo a súa formación ata 2012, onde a súa vocalista, Pepa Arán, marcha aos Estados Unidos. O seu posto é ocupado por Lucía Miranda, continuando a traxectoria musical do grupo ata hoxe. Os compoñentes actuais son: Sebas López (batería), Fer Lantes (baixo), Manolo Mesejo (guitarra) Xaquín Lema (guitarra) e Lucía Miranda (voz).

As súas principais influencias son os grupos angloparlantes (principalmente do Reino Unido ou os seus dominios) das décadas dos ’60, ’70 e ’80; aínda que tamén están comezando a aflorar algúns temas propios que se verán reflexados nunha maqueta que saldrá á luz a finais deste ano.

gentlband ANTÓNDJ comeza con 17 anos poñendo discos dos Smiths,The Cure e outros moitos na mítica Roda de Malpica. Logo duns anos alonxado da música, retorna fai catro pinchando en Ponteceso, Asturias (no Soho Bar de Xixón) Burgos ( Sala Copperclub)  e Madrid ( Sala Yes we dance). Comparte cabina con dj’s como Legoteque  (salas Razzmatazz,Crappy Tuestdays ) Hall 9000 ( sala Fade in/Fade out ),Kimberly i Clark ou Hugo Le-loup.

No último ano ten unha residencia fixa na Sala  A Reserva de Carballo.

Dirixe e presenta un programa de radioweb en internet chamado Zona Matrix onde podes escoitar todas as novidades da música alternativa actual,dende o rock,  pop, indie e electrónica. As súas sesións xiran dende o brit pop dos 90, ata o punk mais demoledor e o pop máis alegre,pasando pola electrónica máis bailable, sempre cun denominador común:que a xente non pare de bailar en toda a noite.

anton dj