Master Class: Branded Content

Impartida por ROGER CASAS-ALATRISTE
Sábado 26 // 11:00 -12:00 no Auditorio do Forum

Na Master Class impartida por Roger Casas falaremos sobre o punto de unión entre os produtores, que buscan novos espazos de expresión así coma novos modelos de financiación, e as marcas, que precisan comunicarse con xente que cada vez consume menos os medios de comunicación tradicionais. Unha combinación explosiva.

ROGER CASAS é Director de El Cañonazo Transmedia, axencia productora especializada na creación, produción e distribución de estratexias e campañas de contidos dixitais principalmente audiovisuais e expansibles a través de internet.  Dende fai máis de 10 anos adícase á creación, produción e difusión de contidos dixitais en compañías como Columbia-Tristar y SportsYA! Inc y MobuzzTV, ademáis de traballar como xornalista, contista, guionista, fotógrafo, blogger e videoblogger. Dende o 2005 manten o blog  LasTermópilas.net  e máis recentemente inaugurou Manchamanteles.tv, un  blog de temática sibarita.

el cañonazo
roger casas