Xurado

DAVID SAINZ

David Saínz

Canario de 30 anos, é Director e Guionista xerente da súa produtora Diffferent Entertainment SL que foi creada na metade do 2009 grazas ó éxito da webserie Malviviendo. Dita serie naceu en Octubre do 2008 e actualmente está estreándose a terceira e derradeira tempada. Ademais escribíu e dirixiu varias series para tv como Flaman (2012-13), Power Wonders (2011) ou El viaje de Peter McDowell (2009), publicidade para Mapfre ou Saimaza entre outros, máis dunha quincena de videoclips, varias curtametraxes e a longametraxe (littlsecretfilm por Calle 13) Obra 67 distribuída por Versus Entertainment SL.
Agora atópase preparando a súa primeira longametraxe que se rodará no 2015.

 

TERESA SEGURA

Teresa Segura

Sevillana de 29 anos, é Directora de Produción de Diffferent Entertainment SL.
Licenciada en Comunicación Audiovisual (2003-08) pola Universidade de Sevilla, conta unha ampla experiencia no departamento de Produción traballando dende 2005 en curtametraxes, longametraxes nacionais e internacionais, videoclips e publicidade, ademáis de ter organizado Festivais de Curtas e impartido cursos de Produción.
Dende o 2009 que comeza  a traballar en Diffferent Entertainment SL. ostenta o cargo de Directora de Produción, coordinadora e administradora de todos os seus proxectos.

 

 

 

 

ALBERTO VÁZQUEZ

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Debuxante profesional, ilustra dende hai anos en multitude de revistas nacionais e internacionais. Publicou numerosos comics e libros ilustrados que foron editados en diversos países como España, Francia, Italia e Brasil.
Foi o director da curtametraxe de animación Birdboy, animación galardoada co Goya á mellor curtametraxe de animación 2012 e premiado en máis de 40 festivais internacionais. Actualmente acaba de rematar a súa segunda curtametraxe Sangue de Unicornio e prepara a súa primeira longametraxe de animación Psiconautas.
Bos Aires, San Petersburgo, Nápoles ou La Paz son cidades na que expuxo o seu traballo individualmente.

 

 

 

LIDIA FRAGA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Guionista e realizadora.
Desenvolveu a súa carreira profesional no mundo da televisión e no e-learning.
Formou parte dos departamentos de guión de Adivina Producciones, Netex, Voz Audiovisual e Producciones Mandarina.
É guionista de series e películas para televisión (“Padre Casares“; “Piratas“; “Mentíndolle á vida”; “Vacas, porcos e zapatos de tacón”), e realizadora de programas (“Galicia visual”; “Galegos no espello”). Profesora de “Xéneros televisivos” e “Novas tendencias da televisión” na Escuela de Ficción de Voz Audiovisual.
Membro de AGAG e ALMA.

 

 

 

FÉLIX GARRIDO

Félix Garrido

Profesional de internet dende hai 15 anos e coñecedor do mundo das webseries grazas ás 2 edicións da “ReTwittMad especial webseries“, da que foi organizador. Estas edicións serviron como xerme da plataforma para unir os realizadores de webseries “WebseriESpain“.
Traballa na busca de novas maneiras de difusión e rendibilidade de webseries en internet colaborando coa distribuidora Freaklances Project.
Na actualidade é membro organizador do festival de webseries FEW-webfest que se celebrará en Xuño en Madrid e onde se encargará do departamento de internet do festival.

 

 

 

 

F. ARNOSO “PIXI”.

Jurado_pixi

A súa carreira profesional toca todos os ámbitos relacionados co mundo da fotografía e do audiovisual.
Traballa nos equipos de produción de longametraxes como Mar Adentro, La Promesa, La Vida Que Te Espera ou Trece Badaladas e realiza ficticios para outras tantas películas como Gordos ou Miah Sarah.
É director de fotografía e cámara do documental Nacional VI de Pela del Álamo así como de diversas curtametraxes e anuncios publicitarios, onde en moitos casos tamén é editor.
Dende o ano 2005 traballa no Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito (Compostela) en produción e programación.