Presentación: Freaklances Project

con JULIO GARMA
Venres 25 // 12:00-13:00 no Auditorio do Forum

 Freaklances Project é  a evolución da webserie Freaklances. No 2011 crean a empresa Freaklances Project grazas ó impulso do éxito da serie e á  certeza de que en internet abríase unha gran oportunidade para os contidos de ficción.

En FKLP producen os seus propios contidos, así como contidos para empresas. No 2013  comezan a distribuír e patrocinar contidos de terceiros coa intención de comezar a producilos a medio prazo. Esta  distribución  focalízase principalmente en canais en internet que xeneren ingresos como Youtube ou Dailymotion, repartindo os ingresos nun 75% para o creador. Tamén están chegando a acordos con televisións locais e outros canles máis importantes para facer chegar as webseries a cada vez máis espectadores.

freaklances
JULIO GARMA é licenciado en Psicoloxía especializado en Marketing. Conta ademáis con varios postgrados como Socioloxía do consumo, interacción home-máquina, creación de empresas en internet, etc. pero solo hai unha palabra que o defina e coa que se sinta a gusto; ‘Creativo’. Desenrola a súa carreira profesional dentro do mundo da formación e do marketing sempre orientado é creación de contidos para campañas de comunicación e formación profesional moi enfocado en formatos interactivos, case o 90% da súa traxectoria profesional se desenrola en internet.

Despois de pasar por algunhas consultoras de formación, convírtese en freelance no 2002 e adica a súa vocación a buscalos proxectos máis interesantes. De esta maneira comeza a liderar proxectos de formación online na Armada Española e na Garda Civil. Tras esta experiencia funda no 2005 VisualMente, axencia interactiva especializada en Marketing e Formación.
No 2009 en plena crise e con proxectos baixo mínimos, lánzase á aventura de contalas experiencias dos freelances xunto a Alex Otero e o resultado foi Freaklances a serie que lles abriu unha nova oportunidade de negocio fundando no 2011 Freaklances Project produtora de animación e incubadora de proxectos audiovisuais, enfocados case exclusivamente á creación e distribución de contidos en internet.

Julio_Garma