Taller de webserie

talleres-01

O Taller de Webserie do Festival Carballo Interplay é unha actividade gratuíta enmarcada dentro do festival que pretende achegarlles aos e ás participantes os conceptos básicos para realizar unha serie web; dende a idea orixinal pasando polo proceso de desenvolvemento do guión, produción, rodaxe e montaxe.

O obxectivo é a creación dunha webserie composta por 5 capítulos cunha temática que xire arredor do concello de Carballo. A presentación da devandita webserie farase den- tro da programación do Festival Carballo Interplay.

O taller será impartido polo director Javi Camino, da produtora Magnetova Material, cre- ador e director, entre outras cousas, da serie web El Viudo Quiere Mimos.

O taller desenvolverase durante TODOS OS SÁBADOS DO MES DE MARZO no Fórum de Carballo e estará destinado a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos que estean censados en Carballo.

Calendario do Taller: sábados 8, 15, 22 e 29 de Marzo e domingo 23 de Marzo de 10:00 a 14:00h no Forum de Carballo.

Bio de Javi Camino

Javi Camino nace e medra en Santiago de Compostela, aínda que a súa afección polo cinema fantástico levaralle a deixar de lado as súas funcións reprodutoras para centrarse no mundo do vídeo. Sempre manexando baixos presupostos, dirixe, grava, escribe e edita unha curtametraxe, A Consulta do dr. Natalio, que dará lugar a unha longa, Maldito Bastardo! A partir de aí xa non haberá marcha atrás. No 2009, xunto a Stela Kaminova, funda MAGNETOVA, unha das produtoras de videoclips máis activas de Galicia. Teñen no seu haber máis dunha vintena de clips tanto para grupos nacionais (Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Linda Guilala, Franc3s, Telephones Rouges…) como internacionais (Helen Love, Modular…), pero tamén curtas Lvoluten Osken, Un chico raro, No tiene gracia e, como non, webseries El viudo quiere mimos, Hazlo con Susa, A tope siempre

Unha reflexión sobre “Taller de webserie

  1. Pingback: TALLER DE WEBSERIES | Carballo InterPlay

Os comentarios están pechados.