Arquivos do autor: Dirección

Arrinca o obradoiro de series web

talleres-01

Hoxe comezou o obradoiro de series web impartido por MAGNETOVA con Javi Camino, Enrique Lojo e Daniel Vilaverde. Un total de vinte mozos e mozas carballeses de entre 16 e 35 anos participan no Taller de Webseries. Despois do remate do prazo de inscrición o luns 3 de marzo, cubríronse todas as prazas ofertadas, o que amosa a boa acollida desta iniciativa. Este obradoiro do CIP é unha actividade gratuíta que pretende achegarlles aos e ás participantes os conceptos básicos para realizar unha serie web, dende a idea orixinal, pasando polo proceso de desenvolvemento do guión, produción, rodaxe e montaxe. O obxectivo é a creación dunha webserie composta por cinco capítulos cunha temática que xire arredor do Concello de Carballo.

Premio ao mellor guión patrocinado por AGAG

As webseries seleccionadas poderán optar tamén a un novo premio: PREMIO AO MELLOR GUIÓN. Este premio está patrocinado pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e terá unha dotación económica de 200 euros máis trofeo.

Como xa veñen de facer noutros festivais como O Festival de Cans (Porriño) ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito (Compostela) os compañeiros guionistas colaborarán como patrocinadores no Festival Carballo Interplay abrindo un novo premio para os seleccionados.

AGAG2

 

Taller de webseries

taller

Tes entre 18 e 35 anos, eres de Carballo e estás interesado en facer unha webserie? Aquí tes o taller gratuíto onde atoparás todas as claves, dende a idea orixinal, pasando pola creación do guión, a rodaxe e a montaxe.
O taller será impartido polo director Javi Camino, da productora Magnetova Entertainment e desenvolverase os sábados 8, 15, 22 e 29 de Marzo de 10 a 14 horas no Fórum de Carballo.

Nesta entrevista Javi Camino fálanos sobre o taller.

Aquí tes a ficha de inscripción!

Anímate e participa!