Ademais da contía económica os galardoados levaranse a casa un trofeo obra orixinal do artista visual David Méndez Alonso.
David Méndez Alonso (Galicia, 1988), tamén coñecido como Misterthefreak, pertence a unha xeración de artistas visuais escolarizados e influenciados polo deseño gráfico. Atopámonos ante unha visión completamente nova da abstracción das formas, cores e ideas. Unha visión onde a interacción entre arte e deseño, de estilo suízo a Memphis, alí onde as estradas do graffiti crúzanse cos debuxos animados norteamericanos e as actuais tendencias europeas no grafismo e a ilustración.
Na actualidade vive e traballa entre Londres e Barcelona e é creador das marcas de roupa e complementos Outsiders Division e Paraíso.