Venres 25 de abril as 23h na SALA DUBLÍN
Entrada: 3 euros
ARABIAN EVILS é o proxecto de 4 rapaces de Carballo aos que lles gusta o punk, o skate, a cervexa barata e a pizza. Cristian Andrade e Andrés Andrade, membros doutros grupos xa extintos, forman a mediados de 2013 a banda xunto con Dani Vecino e Adrián Vilanova tras ver que as súas ideas musicais e a súa paixón polo monopatín eran semellantes e raras nun pobo pequeno.
Mesturan o punk melódico e soleado de bandas californianas como Green Day, NOFX ou Pennywaise coa primeira onda do hardcore como Black Flag. Todo empatizado con tinguiduras surf cos Dead Kennedys sempre presentes e un son próximo a bandas da nova xeración garagera americana como FIDLAR ou Wavves. Música para patinar ou facer o cafre en directo á beira da praia.
Apart, nace no ano 2013 en Carballo, formada por Pedro Ramos, Iago Pardiñas, Ines Blanco, Robin Mallo e Daniel Barreiro.
Unha melódica voz feminina acompañada dun son coidado e potente caracteriza o estilo do grupo. O seu repertorio combina composicións propias con temas do rock e indie internacional.
Apart é unha banda xoven que busca facerse un oco na actual escena musical.
The Gentlemen Band nace no ano 2011 da man dun grupo de adolescentes de 16-17 anos baixo o nome dos Green Cold Padron Peppers. Uns meses máis tarde, úneselles outro rapaz da súa idade como guitarra solista. Nace entón The Gentlemen Band, que mantivo a súa formación ata 2012, onde a súa vocalista, Pepa Arán, marcha aos Estados Unidos. O seu posto é ocupado por Lucía Miranda, continuando a traxectoria musical do grupo ata hoxe. Os compoñentes actuais son: Sebas López (batería), Fer Lantes (baixo), Manolo Mesejo (guitarra) Xaquín Lema (guitarra) e Lucía Miranda (voz).
As súas principais influencias son os grupos angloparlantes (principalmente do Reino Unido ou os seus dominios) das décadas dos ’60, ’70 e ’80; aínda que tamén están comezando a aflorar algúns temas propios que se verán reflexados nunha maqueta que saldrá á luz a finais deste ano.
ANTÓNDJ comeza con 17 anos poñendo discos dos Smiths,The Cure e outros moitos na mítica Roda de Malpica. Logo duns anos alonxado da música, retorna fai catro pinchando en Ponteceso, Asturias (no Soho Bar de Xixón) Burgos ( Sala Copperclub) e Madrid ( Sala Yes we dance). Comparte cabina con dj’s como Legoteque (salas Razzmatazz,Crappy Tuestdays ) Hall 9000 ( sala Fade in/Fade out ),Kimberly i Clark ou Hugo Le-loup.
No último ano ten unha residencia fixa na Sala A Reserva de Carballo.
Dirixe e presenta un programa de radioweb en internet chamado Zona Matrix onde podes escoitar todas as novidades da música alternativa actual,dende o rock, pop, indie e electrónica. As súas sesións xiran dende o brit pop dos 90, ata o punk mais demoledor e o pop máis alegre,pasando pola electrónica máis bailable, sempre cun denominador común:que a xente non pare de bailar en toda a noite.