Equipo

Saúdo do equipo de InterPlay

Internet como medio de difusión é xa unha realidade. As plataformas de vídeo en liña e as redes sociais, xunto coa aparición de medios tecnolóxicos máis accesibles e a procura de novos modelos de produción, fixeron posible que un montón de creadoras e creadores vexan unha saída ás súas ideas.

As webseries estanse a establecer como unha alternativa de entretemento cada vez máis consumida polo público e como un medio de expresión de novas ideas e narrativas. Dende hai anos empezaron a xurdir cada vez máis series con temáticas, xéneros e formatos diversos, de animación ou imaxe real, interactivas, documentais… O fenómeno webserie crece e faise máis popular cada día.

Por iso pensamos que chegou a hora de que as series emitidas por internet teñan o seu propio festival, un festival referencia onde se lles dea visibilidade a estes traballos e onde os seus creadores e as súas creadoras poidan compartir experiencias e intercambiar opinións, non só entre colegas do sector senón cos/as propios/as seguidores/as deste novo formato audiovisual.

É un pracer para nós presentar a I edición do festival de webseries CARBALLO INTERPLAY. Un festival que nace no noroeste con intención de quedar e vocación de converterse en referente para este tipo de contidos audiovisuais.

Longa vida ao CARBALLO INTERPLAY!

#faiCIP

O equipo do festival.

 

EQUIPO CIP

DIRECCIÓN / Sonia Méndez
COORDINACIÓN ACTIVIDADES / Sandra Lesta
COORDINACIÓN PRODUCIÓN E COMUNICACIÓN / Belem Brandido
PRODUCIÓN / Ana López
REDES SOCIAIS / María Yáñez
DESEÑO GRÁFICO / Isabel Vila
DESENVOLVEMENTO WEB / Zadia Software
DESEÑO DE TROFEOS / David Méndez Alonso
COBERTURA AUDIOVISUAL / Mamalola Estudio
COBERTURA FOTOGRÁFICA / Tamara de la Fuente

CONCELLO DE CARBALLO

TÉCNICA DE TURISMO / Maite Parga
TÉCNICO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA / Nel Vidal