Taller de webseries

taller

Tes entre 18 e 35 anos, eres de Carballo e estás interesado en facer unha webserie? Aquí tes o taller gratuíto onde atoparás todas as claves, dende a idea orixinal, pasando pola creación do guión, a rodaxe e a montaxe.
O taller será impartido polo director Javi Camino, da productora Magnetova Entertainment e desenvolverase os sábados 8, 15, 22 e 29 de Marzo de 10 a 14 horas no Fórum de Carballo.

Nesta entrevista Javi Camino fálanos sobre o taller.

Aquí tes a ficha de inscripción!

Anímate e participa!

 

Trofeos de autor

tumblr_n01eccTrTG1qesqwgo1_1280

Ademais da contía económica os galardoados levaranse a casa un trofeo obra orixinal do artista visual David Méndez Alonso.

David Méndez Alonso (Galicia, 1988), tamén coñecido como Misterthefreak, pertence a unha xeración de artistas visuais escolarizados e influenciados polo deseño gráfico. Atopámonos ante unha visión completamente nova da abstracción das formas, cores e ideas. Unha visión onde a interacción entre arte e deseño, de estilo suízo a Memphis, alí onde as estradas do graffiti crúzanse cos debuxos animados norteamericanos e as actuais tendencias europeas no grafismo e a ilustración.

Na actualidade vive e traballa entre Londres e Barcelona e é creador das marcas de roupa e complementos Outsiders Division e Paraíso.

www.davidmendezalonso.com

A-la-izquierda-Teresa-Segura-productora-de-Malviviendo.-Junto-a-ella-David-Sainz-creador-y-protagonista-de-la-webserie.

Padriños de luxo!!!

A I edición do festival contará cuns padriños de luxo!

David Sáinz e Teresa Segura, director e guionista e directora de produción da webserie de éxito Malviviendo (www.malviviendo.com) estarán con nós os días do festival.

Si, amig@s, nesta I edición do Carballo InterPlay contaremos cos pioneiros das webseries. Malviviendo, con máis de 190.000 subscriptores no seu canal Youtube e máis de 40 millóns de reproduccións!!!.

Ademais contarannos os seus proxectos coa súa productora Different Entertainment (http://diffferent.es/). Unha empresa nacida a mediados do 2009 a raíz da webserie Malviviendo que dende entón non parou de traballar en proxectos publicitarios, videoclips, cine e outras series de televisión.

Xa sabedes, se queredes saber como o conseguiron… vémonos en Carballo!.

Presentación do festival

Hoxe presentamos o festival oficialmente no concello de Carballo. Coa presenza de Evencio Ferrero (Excmo. Sr. Alcalde de Carballo), Xose Regueira (concelleiro de Promoción Económica), Sonia Méndez, (directora do festival) e Sandra Lesta (coordinadora das actividades paralelas).

Un festival que nace coa vontade de fomentar a creativade e apoiar ós creadores, visibilizando a cultura e respaldando o desenvolvemento da industria cultural e que terá lugar dende o 24 ó 27 de abril do presente ano.

Nesta primeira edición do I Carballo Interplay haberá ademáis da proxección das webseries que vaian a concurso, charlas, mesas redondas, master class e actividades paralelas durante os días do mesmo que terán o seu peche de ouro o día 26 de abril cunha gala na que se darán a coñecer os galardoados nesta I edición do certame.