FICCIÓN EN INTERNET, REALIDADE NO CIP
O primeiro festival de webseries a nivel estatal terá lugar en Carballo, A Coruña, do 24 ao 27 de Abril
O CIP repartirá 5.200 euros en premios ás mellores webseries nas categorías de imaxe real, animación, V.O. galega, premio do público e mellor actor e actriz.
Pero non só iso…
CIP programa actividades educativas, espazos de reflexión, intercambio e debate sobre novos contidos dixitais e transmedia e ademais ofrece actividades lúdicas, sesións vermú e concertos… creando un ambiente distendido e festivalero onde poderemos compartir experiencias mentres tomamos unha birra.
Non deixes pasar a oportunidade de estrear un festival con vocación de dar visibilidade e recoñecemento a un montón de talentos que se expresan na rede.
Ven a Carballo, #faiCIP!!!
#QuedamosEnCarballo