direcciondefotoImpartido por Alberte Branco

Duración: 24 horas
Nº de prazas: 12
Data: 11, 12 e 13 de febreiro
Horario: 10 a 14h e 16 h – 20h

Coñecemento dunha das profesións do cinema e a televisión, o/a director/ra de fotografía.
Dende a teoría, práctica con aparellos de luz e proxeccións transmitir a importancia dun director de fotografía dentro dun equipo de rodaxe e a súa relación cun director/ra.

PROGRAMA
– Historia dos distintos estilos da Cinematografía dende o invento do cinematógrafo ata a actualidade.
– A influencia de distintos movementos pictóricos na Cinematografía.
– As matemáticas aplicadas á Cinematografía.Cálculos para preveer listados de iluminación.Entendemento do funcionamento do diafragma, obturador e a cadencia de fotogramas por segundo.
– Prácticas con cámara e iluminación recreando pinturas elexidas polos/as alumnos/as.

 

bertitxiAlberte Branco traballou como director de fotografía en oito longametraxes, tres de estes filmes levaron catro premios á Mellor Dirección de Fotografía; “Vilamor” de Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, un Mestre Mateo no apartado “ Mellor Dirección de Fotografía” na súa undécima edición e o premio Best Cinematography no New York City International Film Festival (2012);
Encallados” de Alfonso Zarauza e producida por ZircoZine levou o Mestre Mateo na súa duodécima edición e por último “Os Fenómenos” de Alfonso Zarauza acaba de levar o premio á Melhor Dirección de Fotografía no 24º Cine Ceará, Festival de Cinema Iberoamericano en Fortaleza( Brasil). En decembro do 2014 estréase en salas comerciais a longametraxe “Os Fenómenos” dirixida por Alfonso Zarauza, producida por ZircoZine/Maruxiña Film Company e protagonizado por Lola Dueñas, Luis Tosar, Miguel de Lira, Antonio Durán “ Morris”, etc. Acadou o Premio do Xurado no Brussels Film Festival 2014; no 24º Cine Creará, festival de cinema iberoamericano acadou tres premios guión, banda sonora e fotografía. Esta longametraxe está filmada por Alberte Branco. Outra longametraxe filmada por Alberte Branco, dirixida por Ángel Santos e producida por Matriuska Producciones, titulada “Las Altas Presiones” acaba de gañar o premio a Mellor Película na sección “Nuevas Olas Ficción” no XI Sevilla Festival de Cine Europeo.

http://www.albertebranco.eu/