XOVES 16

formacipMostra de traballos.

FORMACIP foi o ciclo formativo audiovisual desenvolvido desde novembro de 2014 a marzo de 2015 en Carballo, composto por un total de 13 obradoiros impartidos por recoñecidos profesionais do audiovisual galego, e que convertiron a vila nun referente para o sector audiovisual.

Nestes obradoiros producíronse pezas de todo tipo, desde íntimos autorretratos audiovisuais ata remontaxes tolas, vídeos experimentais, videoclips e toda clase de experimentos coa cámara, co son, coa interpretación ou cos títulos de crédito. Que mellor xeito de abrir o festival que cunha mostra destes traballos!

entertainmentProxección, con David Sáinz e Teresa Segura (Malviviendo).

Falso documental sobre a vida dos componentes da produtora Diffferent Entertainment despois do éxito de “Malviviendo”. No capítulo 1×06 , David, Javi e Tere recibirán a uns executivos dispostos a escoitar as ideas dos seus novos proxectos nunha reunión pero, á súa vez, reciben a visita inesperada dun vello amigo.

searchingProxección (50’) e presentación con Burnin’ Percebes e Venga Monjas.

Unha comedia anárquica que explora o incómodo das relacións humanas.
Comedia. España. 2014. Dir: Burnin’ Percebes. Con Juan González, Paula Ribó, David Pareja, Xavi Daura, Txema García, Miguel Noguera, Esteban Navarro.
Juan (Juan González) atópase perdido nunha espiral de sexo, canibalismo e internet. Paula (Paula Ribó), a súa compañeira de piso; Andrea (David Pareja), a súa conexión co mundo real, e a súa obsesión con desmantelar una rede de caníbalismo serán os encargados de frear su camiño cara a unha misteriosa Meritxell. Burnin’ Percebes son Fernando Martínez e Juan González, cineastas de Barcelona que se adican a facer comedia explorando os límites do incómodo e buscando as situacións máis comprometidas para xerar a risa no espectador. Ademais de ter realizado varias curtas e mediametraxes, son os creadores de “Ventura Time”, gañadora en 2014 do premio á mellor webserie de animación no I Carballo Interplay.

VENRES 17

conductrrWebseries e Conducttr. Claves e trucos para conectar coa audiencia. Patrocinada polo MPXA.

A través do transmedia, as webseries teñen un mundo de posibilidades de expandir o seu universo e de facer que os espectadores participen nel de forma activa. Nesta charla falaremos de algunhas posibilidades e ideas para darlle unha volta ao contido e sacarlle un maior partido. Conducttr é un software de engagement de audiencia, que busca adquirir, activar e outorgarlle unha experiencia diferente ao público. Concebido como unha ferramenta para creadores, veremos exemplos e proporemos diferentes dinámicas de participación para integrar de maneira orgánica en contidos audiovisuais”
Belén Santa-Olalla é Senior Creative Consultant de Conducttr e ten experiencia traballando con solucións de movilidade, creatividade transmedia e desenvolvemento de experiencias interactivas e de universos narrativos. Ten un BA (Hons) First Class in Media Practice and Theory pola Universidade de Sussex e é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid.

Youtubers, profesionalización e producción de contidos no tubo tolo

As audiencias globais de YouTube, que xa cumpriu 10 anos de existencia, son xigantescas. Ten máis de mil millóns de usuarios cada mes e o español é o segundo idioma máis usado na plataforma. A televisión tradicional está perdendo o público por debaixo dos 25 anos e YouTube preséntase como un novo prime-time cun ecosistema de profesionalización completamente novo. Nesta charla detallaranse os seus modelos de negocio e comentaranse algúns dos debates e malentendidos máis habituais sobre a plataforma.
Joan Carles Martorell (2btube) é licenciado en Comunicación Audiovisual pola UAB. Realizador audiovisual e produtor multimedia. Ten dirixido curtametraxes (premiadas internacionalmente), televisión e proxectos web, ademais de ser colaborador docente en varios centros universitarios (IED, UOC, CESAG/UIB). Desde 2012 traballa para Apple e agora coordina as operacións de 2btube, unha ‘multi-channel network’ iberoamericana de YouTube.

Calquera excusa é boa para reunirse e falar de cine, de televisión, de videocreación ou, neste caso, de webseries.
As sesións vermú con CREA son un encontro informal entre creadores froito da colaboración entre o Carballo Interplay e CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.
Nesta ocasión contaremos coa presenza de creadores de webseries en Galicia, que compartirán as súas experiencias, procesos creativos e reflexións mentres tomamos un vermú por cortesía de Lodeiros.
“Malviviendo vs. Venga Monjas” presentado por Enrique Lojo e Daniel Vilaverde

Venga Monjas e Malviviendo cara a cara nunha noite que terá algo de combate épico e algo de concurso televisivo dos 90. A través dunha serie de probas, os nosos contrincantes bateranse en duelo para diseccionar os seus vídeos favoritos de internet, porán a proba os seus coñecementos sobre Youtube e tentarán devolverlle os golpes ao adversario. Un evento no que o público, como xurado, decidirá quen sae airoso e quen bica a lona.
Por Venga Monjas: Xavi Daura e Esteban Navarro forman este dúo cómico de Barcelona coñecido polo seu traballo online, aínda que tamén teñen traballado en publicidade, televisión e marcas. Amantes da boa vida e o noble, o seu obxectivo é facer rir dunha forma honesta e sen trucos.

Por Malviviendo: David Sáinz e Teresa Segura viven en Sevilla e levan traballando 6 anos xuntos en Different Entertainment, a produtora que crearon en 2009 a partir do éxito da webserie “Malviviendo” e coa que levan creado e producido varias series para TV, publicidade, videoclips, curtametraxes e a longametraxe “Obra 67”. Actualmente realizan e producen a webserie de animación “Comaland” e o falso documental “Entertainment”, mentres preparan á súa segunda longametraxe.

Árbitros: Quique e o Primo Dani (“El viudo quiere mimos”)
Quique. 26 anos. Viúvo de profesión e triste por vocación. Dende pequeno recibiu unha educación nos máis prestixiosos colexios privados que o incapacitou para a vida real. Unha vez tivo unha moza á que quería pero agora xa non a ten; está morta. Todo o que ama Quique acaba morrendo: as plantas, os gatos, os musicais… Dedica o seu tempo a resolver crucigramas e a chorar pola muller que NUNCA recuperará.
Primo Dani. Idade descoñecida. Criouse na rúa entre traficantes, sicarios e comerciais de Jazztel. Pasou longas épocas en países orientais desempeñando actividades descoñecidas pero que lle retribuíron grandes beneficios (que logo perdería comprando accións de Forum Filatélico). O seu obxectivo na vida é evitar o suicidio do seu primo Quique (porque é o seu único amigo) e demostrarlle que aínda lle quedan moitas mulleres coas que fracasar.

poetarrasJam-session cómico musical.

Poetarras é un colectivo arterrorístico formado por Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde. Naceu en 2013 logo dunha noite de esmorga a base de licor café e Galicolas. Os 3 mozos decidiron facerlle a competencia a Resistencia Galega e converterse no referente da loita armada do pobo galego, aínda que tiveran que renunciar ao traballo e á parella que non tiñan. As súas armas serían sketches e cancións, humor e música, retranca e melodías, e para a súa misión contarían co apoio de arterroristas autónomos.
O obxectivo? Ofender a alguén nalgún lugar por algún motivo… ou non. En realidade o obxectivo dos Poetarras é facer o que lles peta sen preocuparse das molestias que causen polo camiño (porque SEMPRE haberá alguén molesto co que fagan) e que o único filtro do seu traballo sexa o do que consideran gracioso. No fondo son moi riquiños e non buscan pelexa… pero se hai que dar un par de hostias, danse.

SÁBADO 18

Presentación con Beli Martínez e os participantes no obradoiro Proxecto Neme: a memoria audiovisual de Carballo

Vivimos nun tempo no que existen moreas de imaxes. Audiovisuais. Agora xa non importa a súa produción senón onde atopalas. Hai imaxes que están dentro dun ámbito máis ben privado mais se se colocan en diálogo con outras semellantes poden multiplicar significados. Entre as distintas caras que posúen as imaxes audiovisuais está a de documento, a de dar testemuño da realidade próxima. A creación dun arquivo audiovisual local permite contrarrestar a fraxilidade da memoria colectiva. Unha maneira de pensar o pasado, facelo presente e redimensionalo para o futuro. Unha acción de arquivo aberta e participativa onde se procura a posta en valor dun material audiovisual desprazado que incrementa, de maneira definitiva, o sentimento de identidade e pertenza a unha comunidade. Poremos os alicerces dun arquivo audiovisual en Carballo tomando como exemplo o Proxecto Socheo da Guarda.
Beli Martínez é produtora, profesora e investigadora. Licenciada en Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo ten traballado como produtora de diferentes longametraxes como “Arraianos” dirixida por Eloy Enciso ou “Vikingland” de Xurxo Chirro. Na actualidade, compaxina a produción audiovisual coa docencia na Universidade como profesora Asociada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra onde imparte as materias de Teoría e técnica do documental e Produción de ficción e onde desenvolve a súa tese en torno ao cinema de non ficción en Galicia.

Conferencia + proxección con Belén Regueira. Código Fonte Audiovisual: Mulleres, homes e o audiovisual que os pariu

Do que se come, críase, e do que se mira tamén. Se é certo que non se nace muller, senón que se aprende a selo, aos homes pásalles outro tanto. Un repaso crítico polo audiovisual co que aprendimos a dividir o mundo entre uns e outras. E viceversa. Belén Regueira Leal naceu na Coruña no ano grande do punk e de Antonio Rosón. É xornalista e gañou a vida durante uns anos como reporteira, presentadora e xuntaletras en programas informativos e de entretemento da Televisión de Galicia (Chambo,Tardes con Ana, Bos días, O país dos pequenos,Tourilandia…). Na Radio Galega dirixiu o programa Extrarradio e actualmente forma parte do equipo do magacín Galicia por diante.

As nosas lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo, estamos constantemente producindo e reinterpretando imaxes, de feito estamos constituídos por imaxes Sentimos a necesidad de explicarnos a través do audiovisual. O Código Fonte Audiovisual é un espazo para xogar e para experimentar, un formato híbrido entre conferencia e proxección, e moitas cousas máis. Nel convídase un curator para que seleccione e comente pezas de vídeo embebibles que sexan referenciais para esa persoa: o seu código fonte de cultura audiovisual. O formato Código Fonte Audiovisual distribúese coa licenza Creative Commons BY-SA e xorde no seo de EMBED, unha comunidade que reflexiona sobre o audiovisual contemporáneo e a cultura dixital aberta.

Conducido por Paula Hernández, con Venga Monjas, Malviviendo e Burnin Percebes

Os creadores de algunhas das mellores webseries de humor xúntanse para falar de como facer rír en Internet. Da diferencia con facelo noutros medios  tradicionales e do tipo de audiencia que os segue. Ademais explicarán como se lles ocorreu a idea, que é o que máis gusta e o que menos da comedia na web e as puertas que se lles teñen aberto (ou pechado) logo de expor o seu talento na rede.
Aínda que estudou Comunicación Audiovisual, Paula traballa de xornalista, que é o que lle leva a idea, e investiga webseries. Empezou a súa carreira investigadora no Observatorio Internacional de Televisión dirixido por Lorenzo Vilches, cunha tesiña sobre ficción para internet que se centraba nas webseries, e abriu un blog que foi pioneiro no tema, Enawebseriada.com. Grazas a el ten dado a vuelta a España facendo conferencias, participando en festivais e debatendo en mesas redondas sobre o presente e o futuro das webseries. Tivo o seu propio programa de radio e viviu uns meses nos Estados Unidos investigando sobre ficción seriada para internet na City University of New York. Na actualidade traballa para o coñecido portal sobre televisión Vertele.

Entrega de premios do II Carballo Interplay, conducida polos Irmáns Lumieira e o seu fantabuloso cine ambulante.

Os Irmáns Lumieira adícanse a levar polos máis selectos teatros e prazas as maravillas do cine mudo en auténtica película cinematográfica, grazas á maxia dos vellos proxectores de 16mm. Nesta ocasión viaxarán no tempo un século hacia diante para facer de mestres de cerimonia na entrega de premios do Carballo Interplay.

É un episodio descoñecido na Historiografía dos grandes inventos da humanidade, pero no final do século XIX, na factoría dos Irmáns Lumière de Lyon, un ousado rapaz de Corcubión, Luís Lumieira Loureiro, tivo a idea definitiva para facer realidade o invento que encheu de luz os albores do século XX: o cinematógrafo. Os seus desastrosos fillos, os Irmáns Lumieira, grazas á recén creada Consellería do Tempo, visitan o seu futuro, o noso presente, para facer de maestros de ceremonias na entrega de premios do Carballo Interplay. Unha gala vintage en toda regra… Porque de cando en vez non está de máis aprender dos erros do futuro para non volvelos cometer no pasado.
Irmán Grande, Carlos Meixide, mestre de cerimonias, narrador, mago…
Irmán Mediano, Tomás Lijó, proxeccionista, científico tolo, fanático do celuloide…
Irmán Pequeno, Suso Alonso, o artista, o que toca o piano para acompañar as proxeccións

Concerto. Entrada libre.

Igmig é un trío musical vigués dificil de clasificar: grandes doses de postpunk, rock progresivo, electrónica… aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do s. XX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo. A posta en escena é tremendamente eufórica.Enormes doses de interacción co público e moito humor.

República Disco Apocalipso (RDA) é un proyecto que reúne son, baile, Historia, imaxe e, sobre todo, actitude. Comieza a súa andaina o 14 de abril de 2011 cadrando co 70º aniversario da II República. Dende aquela son acollidos rapidamente por programadores e público grazas á súa capacidade de transportarnos durante as súas sesións a lugares onde o tempo se transforma en baile, en memorabilia musical e en fogos de artificio sónicos. Os responsables de tal dispendio escénico e festivo son a parella de DJs Sisco Larinho e Jas Processor. Os dous son recoñecidos profesionais no sector do son e da difusión e investigación, tanto de estilos musicales de antes como dos más actuais da escena musical galega.

Podes descargar o programa facendo click aquí.