Queriamos dedicarlle un espazo a agradecerlles aos nosos patrocinadores a súa colaboración no Carballo Interplay ofrecendo achegas económicas ou en especie que axudan a sufragar os gastos do festival.
Este ano temos a colaboración especial de Calvo, o grupo conserveiro radicado en Carballo, que este ano celebra 75 anos de historia e quixeron involucrarse no Carballo Interplay patrocinan os premios en metálico da competición de webseries.
Así mesmo, o premio ao mellor guión está patrocinado pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG). Tamén colaboran como patrocinadores a Sala Dublín, que acolle os concertos do festival, adegas Lodeiros, que poñerá o vermú aos mediodías, coa colaboración de CREA, o concesionario AntaMotor, que nos facilita un vehículo de produción, e o Master de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), que nos traerá a masterclass de Belén Santa-Olalla.
A todos eles queremos darlles as grazas dende o equipo da organización do festival e dende o Concello de Carballo, por implicarse nun evento cultural destas características. Avante #CIP15!
Comentarios recentes