Prazo de inscrición de webseries a competición pechado.
En breve anunciaremos as webseries seleccionadas.

 

As webseries que desexen participar poderán inscribirse ata o 2 de Marzo de 2015.

Poderán presentarse a concurso aquelas webseries producidas entre os anos 2013-2015 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición. Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.

XURADO

O xurado estará composto por diferentes profesionais do mundo das webseries, audiovisual e cultural así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector. O xurado darase a coñecer a través desta páxina web.
O público asistente ás proxeccións elixirá o premio do público mediante un sistema de votación por papeletas.

PREMIOS

Os premios outorgados serán os seguintes:

MELLOR WEBSERIE IMAXE REAL // 800 euros e trofeo
MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN // 800 euros e trofeo
MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL // 800 euros e trofeo
MELLOR WEBSERIE VO GALEGO // 800 euros e trofeo
PREMIO DO PÚBLICO // 400 euros e trofeo
PREMIO AGAG MELLOR GUIÓN // 200 euros e trofeo
MELLOR ACTRIZ // trofeo
MELLOR ACTOR // trofeo

Os trofeos serán obras orixinais do artista plástico David Méndez Alonso creadas exclusivamente para o festival.

O premio a MELLOR GUIÓN está patrocinado pola Asociación Galega de Guionistas.

As webseries producidas en Galicia poderán optar a ambos os premios (Mellor Webserie e Mellor Webserie VO Galego) segundo o criterio da organización do festival. En todo caso só poderán optar ao premio á MELLOR WEBSERIE VO GALEGO aqueles traballos cuxa versión orixinal sexa en lingua galega. A organización resérvase o dereito a deixar deserto o premio en caso de que non concorran a concurso un mínimo de tres webseries no devandito idioma.

As webseries producidas fóra de España só poderán optar ao premio de MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL.

SELECCIÓN

En caso de resultar seleccionada a organización contactará cos creadores/ás da webserie para solicitar o envío de dous capítulos en boa resolución a través de wetransfer, unha captura dun minuto e outros materiais promocionais (fotogramas, cartel…).
Os traballos que entren a concurso deberán de estar subtitulados ao galego ou ao castelán en caso de non ser a VO en calquera destes dous idiomas.

Descarga as bases completas AQUÍ.