cortometrajebienImpartido por Xacio Baño

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 15
Data: 20 – 24 xaneiro
Horario: 10 h – 14h

Obradoiro de iniciación no mundo das curtametraxes de ficción. Abarcará dende a definición do que é unha curta ata a parte teórica, pasando por visionados, e unha práctica final.

O obxectivo é que o alumnado aprenda os conceptos básicos do mundo da curtametraxe, o seu potencial, os diferentes campos de traballo e as últimas tendencias. Que saiba utilizar as ferramentas que ten a man, as historias máis próximas.

 

PROGRAMA

1º xornada
Introdución á curtametraxe de ficción. Definición e principios. Breve historia.
A curtametraxe en Galicia. Hitos. Referencias. Mamasunción.
Equipo humano. Equipo Técnico. Necesidades. Que necesito para unha boa curta?

2º xornada
Guión. Punto de partida. Qué quero contar?
Personaxes. Trama.
Exercicio práctico: desmontando un guión dunha curta de éxito.

3ªxornada
Imaxe. Estética. Estilo visual. Exemplos de curtas no que o apartado estético sexa máis importante que o narrativo.
Son. Exemplos de utilización de son creativo e narrativo.
Produción. Arte. Vestiario. Exemplos.
Elaboración de dous grupos para a práctica. Pensar ideas para realización curtas.

4º xornada – práctica I
Elección de ideas para as dúas curtametraxes. Escritura e desenvolvemento da historia.
Localizacións. Produción.

5º xornada – práctica II
Gravación
Edición.
xacio_banÃÉoXacio Baño (Xove, Lugo – 1983) estuda cine na Universidade de León. Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes entre as que destacan Estereoscopía (2011) e Anacos (2012), presentes en numerosos festivais nacionales e internacionais coma os de Locarno, Clermont Ferrand, Telluride Film Festival, Mar del Plata, New directors/New Films, Festival de Las Palmas, Festival Málaga, Slamdance, Busan Int. Short film festival, Shnit, Aspen Shortfest, … Ser e voltar é o seu primeiro achegamento ó terreo da non-ficción.

www.xacio.es
www.rebordelos.com