Duración: 20 horas
Nº de prazas: 15
Data: 12 – 16 xaneiro
Horario: 16 h – 20h
Gústache a cabeceira de True detective? Pois verás que o efecto importante se fai en 5 movementos e 5 clicks.
Gústanche as cortinas de AXN, pois as faremos. O mesmo coa animación do logo da canle Discovery Channel.
Queres xogar cos FX? Queres facer posproducción de guerrilla? Con este curso aprenderás os trucos básicos.
Ademais neste curso recibirás guías de titoriais e páxinas importantes para que poidas seguir aprendendo na casa.
O obxectivo é que o alumno faga catro anacos de cabeceiras de televisión (Discovery, AXN, FOX, True Detective). E que practiquen trucos básicos e doados de FX. Aparición, teletransporte, integración de disparos, duplicación de personaxes, espada jedi, texto 3D ao máis puro estilo Minority Report, Cámera Tracker…
Exemplos:
Manuel Viqueira acumula máis de nove anos de experiencia como realizador especializado en Motion Graphics e Post-Produción. É diplomado en Maxisterio e Comunicación Audiovisual e posúe un Máster en Motion Graphics e Post-Produción na escola Trazos (Madrid). Traballou en películas como “Torrente 5″ e dende hai anos elabora múltiples cabeceiras para programas da TVG. O seu traballo está na carteira de realizadores de anuncios publicitarios que traballan para a axencia Meu Producións e tamén realizou e editado múltiples programas para TV.
www.manuviqueira.com