Duración: 16 horas
Nº de prazas: 15
Datas: 13 – 14 de decembro
Horario: 10–14 e 17-20 horas
Cota de inscrición: 20 euros
O obxectivo principal é que os alumnos comprendan como funciona o departamento de son dentro dunha produción, para iso é imprescindible aprender a “escoitar” a parte sonora.
Trátase de dotar ós alumnos das ferramentas necesarias para poder levar a cabo a captación dun proxecto audiovisual tanto de ficción como de documental.
PROGRAMA
– Introducción á “escoita” a mediante dunha serie de exemplos cinematográficos.
– Distinción entre os diferentes tipos de elementos sonoros (Diálogos, Música, Efectos, Ambientes)
– Explicación da cadea de audio (Microfonía, cables, mesturadores, gravadores, auriculares, etc…)
– Plasmación práctica do aprendido anteriormente. Prácticas de microfonia e gravación.
Xoán Escudero traballa dende hai anos en producións cinematográficas, tanto na rodaxe como na postprodución (Fragmentos de Brand, Agallas, De Bares), documental (Ser e Voltar, Un Mar De Pedra, Profesión Actor), publicidade (Coren, Vuelta Ciclista a España…), series de televisión (“Piratas”, “O Nordés”, “Air Galicia”, “Valderei”…), docushows (“Larpeiros”, “Perdidos en Galicia”, “Comando Chef”, “Salitre”…) e gran cantidade de curtametraxes. Traballa ademáis como director e guionista (El Tiempo Futuro, Curto nº2, Curto nº 3). Dentro do eido académico impartiu cursos en diferentes centros (Escola Audiovisual de Voz, Raio Verde, Lav Vedra, Aire centro de Arte, Agencia Española de Cortometraje).