direccion_actoresImpartido por Jorge Coira

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 12 directores y 6 actores
Data: 2-6 Marzo
Horario: 16-20 horas

Obradoiro dunha semana de duración no que, a partir de técnicas de improvisación e de traballo con texto, os directores poidan experimentar o traballo directo cos actores e romper esa barreira que, con tanta frecuencia, se establece entre estes dous mundos.
Traballar cos actores, participar do seu xogo, sentir o outro lado, entender cales son as claves nas que se manexan os actores e así poder abrir unha comunicación creativa entre director e actor.

PROGRAMA
Introdución ao mundo actoral (a esencia do actor).
Traballo con técnicas de improvisación.
Introdución no traballo con texto.
Posta en pe de escenas escritas.

O primeiro día, os directores traballarán sobre cuestións básicas do xogo actoral. A partir do segundo día, incorporaranse un grupo de actores para traballar cos directores.

Aínda que o obradoiro é eminentemente práctico, trataremos os temas claves en canto á dirección de actores: os erros que se producen con máis frecuencia (polas dúas bandas), a confianza mutua, as distintas formas de enfrontar o traballo (técnica/emocional), a elección de actores para un proxecto…

 

jorge_coira

Jorge Coira é director e guionista de cine e TV. A súa obra abarca longametraxes (18 comidas, El Año de la Garrapata, Entre Bateas), series de TV (“Luci”, “Padre Casares”, “Pelotas”, “El comisario”, “As Leis de Celavella”, “Terra de Miranda”…), documentais (“¿Qué culpa tiene el tomate?” , “Días de Reparto”, “Chunda Chunda”) ademáis de publicidade, videocreación e videoclips.

http://galiciacrea.org/socio/jorge-coira/