Duración: 15 horas
Nº de prazas: 15
Data: 29-31 xaneiro
Horario: 29 e 30 de 16 h – 21h e 31 de 10h-15h
Obradoiro destinado a dar a coñecer as técnicas necesarias para facer créditos de proxectos audiovisuais e mesmo pezas independentes animando gráficos e xogando coa tipografía.
A metodoloxía de traballo consiste en ir achegando os materiais preparados para cada sesión. A primeira metade de cada sesión adícase a explicar os conceptos e as ferramentas do programa, e na segunda afiánzase estes coñecementos con exercicios prácticos, usando estes materiais. Sempre cabe a posibilidade de que algún asistente teña un proxecto concreto que queira desenvolver; de darse este caso ofreceráselle asesoramento e soporte para que poida levalo a cabo.
O obxectivo é realizar unha peza audiovisual con tipografía que inclúa os créditos dun filme, serie, curta, ou ben una peza sinxela que funcione por sí mesma, facendo unha aproximación á técnica do stop motion, como exemplo de técnica analóxica, e coñecendo un pouco un dos softwares máis empregados no presente para facer este tipo de pezas: After Effects.
Isabel Vila é graduada superior en Deseño Gráfico, e fixo un Máster en Motion Graphics pola Escola BAU (Barcelona). Realizou os créditos da webserie “Angélica y Roberta” e actualmente traballa como profesional independente para axencias de publicidade e produtoras, actividade que compaxina coa docencia de ferramentas de deseño gráfico e motion graphics.