guionImpartido por Fran Carballal e Enrique Lojo

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 20
24, 31 de Xan e 7, 21 de Feb de 16-20 h
28 de Feb de 10-14h

As series de televisión son a plataforma pola que se achegan a nós algunhas das historias máis fascinantes da actualidade e a semente que eclosiona neses produtos que mateñen a millóns de espectadores, semana a semana, pegados á pantalla é a escrita do guión. Por iso este obradoiro afondará niso, nos mecanismos do guión televisivo, poñéndoos en práctica mediante o desenvolvemento dun proxecto de ficción serial por parte dos alumnos.

 

OBXECTIVOS

Coñecer as particularidades da escritura para televisión. Desbrozaremos algúns conceptos básicos á hora de enfrentarte a un guión: Estrutura, conflicto, pulsos, desenvolemento de personaxes, diálogos, escaletas… Amosaremos exemplos clásicos e tiraremos da nosa propia experiencia.

Achegamento á industria audiovisual. Falaremos das dinámicas da industria televisiva en España, dende o funcionamento das cadeas nacionais ata as circunstancias e oportunidades que a día de hoxe ofrece o audiovisual galego. Tamén trataremos de explicar como facer chegar un proxecto como guionista freelance a produtoras e cadeas. Para isto usaremos exemplos reais e analizaremos os formatos de venda existentes para presentar o teu proxecto (dossieres, biblias, tratamentos).

A creación e desenvolvemento dun proxecto de ficción deseñado según os parámetros da televisión en España. A meta final debe consistir, non tanto en lograr un produto terminado e que se axuste á medida que requeriría a cadea, senón en coñecer e exprimir cada unha das etapas do traballo e levalas a cabo en situacións e prazos análogos a aquelos nos que se desenvolven as principais produtoras españolas. Conscientes de que é o alumno o que impón o seu ritmo de traballo, establecemos como resultado final unha biblia e un documento de venta da serie que se poida mover por productoras e cadeas, sendo de todos modos a consecución ideal do obradoiro o feito de poder chegar a escribir unha primeira versión de guión que poida ir acompañada, se todo se desenvolve satisfactoriamente, dos arcos de temporada.

 

Foto_FranFran Carballal é licenciado en Xornalismo e primeiro da súa promoción no Máster de Guión de Cine e Televisión da UPSA. Pasou a formar parte do Departamento de Ficción de Telecinco como analista de guións, onde foi responsable de contidos en series como “Tierra de Lobos”, “Ángel o Demonio”, “El Príncipe” o “El Chiringuito”, e supervisor para a cadea en Isla Producciones. Como guionista ten realizado proxectos para Filmanova e Portocabo, onde traballou desenvolvendo proxectos para MTV e T5. Actualmente é guionista da serie “Luci” para a TVG e de “Rabia”, serie de Isla en producción para T5. Como docente impartiu obradoiros no Curso de Guión de Voz Audiovisual e no Liceo Mutante e é un habitual no Máster de Guion da UPSA.

 

 

Foto QuiqueEnrique Lojo é Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC, cursou o Máster de Guión de Ficción de Cine e Televisión da UPSA sendo o número un da súa promoción. Como guionista de ficción traballou para Portocabo, desenvolvendo proxectos para MTV e T5, e para Filmanova. Actualmente é guionista de “Luci” (TVG). Como docente axudou a tutorizar os proxectos de ficción dos alumnos do Curso de Guión de Voz Audiovisual, impartiu os dous Obradoiros de Guión de Ficción do Liceo Mutante e o Obradoiro de Webseries do Carballo Interplay.