remezclaImpartido por Marcos Nine

Duración: 25 horas
Nº de prazas: 20
Data: 9, 10, 11, 12 e 20 de Marzo
Horario: 16 h – 21h

Obradoiro teórico-práctico sobre a remontaxe e a elaboración de mensaxes a partires de materiales preexistentes. O Carballo Termomix é un obradoiro eminentemente lúdico onde a partires de distintos xogos nos introducimos no mundo da comunicación no medio audiovisual.

OBXECTIVOS
− Identificación dos elementos que conforman unha mensaxe audiovisual.
− Comprensión das mensaxes audiovisuais a partires dos materiais que as conforman.
− Proposta de xogo-exercicios de remestura para cada xornada do curso.
− Proba de viralización de contidos: Desde o inicio do curso abriranse contas en Youtube e redes sociais para avaliar a capacidade de viralización dos exercicios elaborados polos alumnos.

PROGRAMA
1. Introducción teórica: Do collage á publicidade. De Chris Marker a Sálvame. Da valla publicitaria á fotonovela e ó Meme. A remontaxe nos elementos cotiáns. O concepto “Contexto”.
2. Memes: A unidade narrativa básica de mestura de contexto. Primeira aproximación ós Memes. Exercicio: Trending Topic, eleboración de Memes a partires das tendencias que se den en twitter no momento concreto no que se celebre o curso.
3. Metodoloxía: O guión. Catalogación. Sistema organizativo. Proceso a seguir para a elaboración eficiente dun proxecto de remontaxe.
4. Cinema Silente: Elaboración dun discurso audiovisual básico sen audio. Cada alumno creará unha pequena historia partindo dun material idéntico pero podendo empregar únicamente texto para darlle sentido.
5. Teléfono descomposto: Exercicio destinado a iniciarse nas distintas lecturas que poden obterse mesturando discursos sonoros dispares. Cada alumno debe localizar imaxes de conversas telefónicas para remontar unha nova conversa. Esta experiencia farase tanto de forma individual como colectiva.
6. Disociación-Asociación: Os alumnos traballarán buscando imaxes e audios e crearán novos discursos a partires de asociar imaxes a audios que non lles corresponden.
7. Remezcla total: Elaboración de pezas a partires do practicado nas xornadas anteriores.

Durante toda a celebración do curso estaríanse a subir distintos traballos dos alumnos a internet.

marcos_nineMarcos Nine é un cineasta que traballa habitualmente no ámbito do documental e a experimentación especialmente no campo do traballo con material prexistente e o cinema de apropiación. As súas obras puideron verse en importantes festivais como Bafici, Silver Docs, Seatle, Málaga, San Francisco, etc así como nos Institutos Cervantes de Nova York, Sao Paulo, Nápoles, Manchester ou Estambul. Paralelamente á súa obra como cineasta imparte distintos cursos entre os que destacan o “Titorial básico para facer unha curtametraxe sen medios” (Para o Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía), “Obradoiro de Documental para o Lav Vedra”, “Os 10 mandamentos para sobrevivir ó instituto” (Celebrado no IES de Carnota) o “Obradoiro La Brecha” celebrado na S8 ou o “Obradoiro de Documental Creativo” para a UDC ou máis recentemente a Masterclass “De Mareas Vivas a Mareas Neghras” na Fundación TIC no contexto de AulaCREA organizada pola Asociación galega de directores e realizadores.

Ver traballos de Marcos Nine