camaraImpartido por Victor Rodríguez e Oscar Chamorro

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 20
Datas: 27 – 30 novembro
Horario: 16 h – 21h
Cota de inscrición: 20 euros

Curso teórico-práctico de iniciación e perfeccionamento no manexo de cámaras de Alta Definición. Tocaranse os puntos básicos para que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para desenvolver as súas capacidades como operador de cámara.

Formación teórica relativa á linguaxe audiovisual, e formación do alumnado no uso e manexo de cámaras HD para adquirir a capacidade de operar calquera cámara de vídeo.

PROGRAMA:
TEORÍA — Medios e linguaxes audiovisuais.
TEORÍA/PRÁCTICA — Cámaras de video HD
PRÁCTICA — Operacións con cámaras HD.

 

victorrodriguez
Víctor Rodríguez fórmase como director de fotografía e cámara no Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya (CECC) e é tamén técnico superior en Imaxe Audiovisual pola escola de Imaxen e Son de Vigo. Ten máis de catro anos de experiencia como operador de cámara grabando eventos no Liceu de Barcelona, en series de ficción, programas de televisión e documentais. Traballa como axudante de cámara en filmes como “La Salazón”, “La Vida empieza hoy”, “Elisa K”, “25 Kilates” etc. e en máis de vinte spots publicitarios. Ademáis é mestre dos cursos de Operador de Cámara subenvionados pola “Consellería de traballo e Benestar” da Xunta de Galicia e da Unión europea os anos 2010 e 2011.

 

 

oscarchamorroOscar Martínez Chamorro fórmase como director de fotografía e cámara non Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya (CECC). Entre 2005 e 2009, traballou como director de fotografía, operador de cámara e técnico HD en anuncios publicitarios, vídeos corporativos, videoclips, concertos e documentais para varias produtoras. Durante o 2003 entra no terreo da realización como parte de Discusion14 coa longametraxe documental “200 km”, exhibida no Festival de Cine de San Sebastián. En 2006 produce e realiza a serie de 13 capítulos de videocreación “Sense temps nin espai” para a XTVL. Durante o 2007 produce e realiza cortinas para a continuidade do programa “DOMINGO” da XTVL. En 2008 produce e realiza 6 capítulos da serie de ficción K7, para a XTVL. Esta serie é seleccionada e proxectada no Miniput 2008. Paralelamente en 1991 comeza a súa andaina como músico e compositor colaborando en diferentes bandas de rock, así como en proxectos individuais de carácter experimental no ámbito da música electrónica. En 2005 comeza a compoñer pezas orquestrais para os seus traballos audiovisuais e en 2007 produce e compón a banda sonora da serie de ficción “K7″Actualmente traballa na produción de instrumentos virtuais para “Sound Props”.