Esta semana celébrase o 120 aniversario da invención do cinema, que se lle atribúe historicamente aos irmáns Lumière, pero, e se a historia que nos contan non é a verdadeira? Quen son realmente os irmáns Lumieira? Por que queren vir a Carballo o 18 de abril a presentar a entrega de premios dun festival de webseries? Saben sequera o que é unha webserie?
É un episodio descoñecido na Historiografía dos grandes inventos da humanidade, pero no final do século XIX, na factoría dos Irmáns Lumière de Lyon, un ousado rapaz de Corcubión, Luís Lumieira Loureiro, tivo a idea definitiva para facer realidade o invento que encheu de luz os albores do século XX: o cinematógrafo.
Os seus desastrosos fillos, os Irmáns Lumieira, grazas á recén creada Consellería do Tempo, visitan o seu futuro, o noso presente, para facer de mestres de ceremonias na entrega de premios do Carballo Interplay. Unha gala vintage en toda regra… Porque de cando en vez non está de máis aprender dos erros do futuro para non volvelos cometer no pasado.
Os irmáns Lumieira son:
Irmán Grande, Carlos Meixide, mestre de cerimonias, narrador, mago.
Irmán Mediano, Tomás Lijó, proxeccionista, científico tolo, fanático do celuloide.
Irmán Pequeno, Suso Alonso, o artista, o que toca o piano para acompañar as proxeccións
Comentarios recentes