Aquí vai a primeira sorpresa desvelada do Carballo Interplay. Coñeces a estes dous?

Efectivamente, Esteban Navarro e Xavi Daura (Venga Monjas) estarán en Carballo os días 16, 17 e 18 de abril como convidados estelares desta segunda edición do Interplay. Como ben indican no vídeo, non serán os únicos, e terémolos por aquí en modo multitarefa. Xa vos daremos máis detalles.

vengamonjas

Se non coñeces a Venga Monjas é que non andas moito por internet (pola boa), pero non te preocupes que nós informámoste. Son un dúo cómico de Barcelona coñecido polos seus sketches surrealistas, as súas webseries (“Da Suisa”, “Coneix la teva ciutat”“La Christmas Palucha”), os seus traballos en TV (“Museo Coconut”, “APM?”) e o ben que o pasan colaborando cos mellores talentos do que se chamou post-humor: desde Miguel Noguera ata os creadores de “La Hora Chanante” ou os cineastas Carlos Vermut, Isaki Lacuesta ou Nacho Vigalondo. O seu campamento base está en Youtube pero non é difícil atopalos noutros formatos e presentando en vivo as súas aventuras dixitais.

A presenza dos Venga Monjas será un dos pratos fortes do CIP pero haberá moitos máis, que iremos anunciando nos vindeiros días. Ti vai gardando as datas. A terceira semana de abril, vémonos en Carballo.