XOVES 16

NACIONAL 1 // 16:00h
a tempo bcn A TEMPO BARCELONA
Dirección e guión: Leon Guallart Díaz
Webserie protagonizada por mozos de Barcelona aos que lles fan enfrontarse a un reto a través do cal crecerán como persoas e como grupo. O reto levaraos a buscar unha bomba química escondida en diversos sitios históricos da cidade, seguindo pistas que reciben a través do seu móbil.
mirame cuando te hablo MÍRAME CUANDO TE HABLO
Dirección: Veru Rodríguez
Guión: Maruxa Blanco
Catro compañeiros xordos conviven nun piso onde se dan todo tipo de situacións cotiás: humor, romanticismo, malentendidos, enfados, tensión.
sin vida propia SIN VIDA PROPIA
Dirección: Ana Ramón Rubio
Guión: Ximo Cardona, Ana Ramón Rubio.
Comedia sobre un grupo de mozos que está a punto de cumprir os 30 anos e non saben que facer coa súa vida.
cdls CLASES DE LO SOCIAL
Dirección:  Pablo Chacheda Paz.
Guión: Pablo Cacheda Paz e Diana López Varela.
Conta a historia en dous espazos narrativos, unha clase onde se imparten materias ficticias de situacións cotiás da vida (con profesor e alumnos, por suposto) e a historia de Carlos, un rapaz que é o exemplo de todos os casos prácticos de situacións sociais que os rapaces aprenden en clase.
rezagado y feldespato REZAGADO Y FELDESPATO
Dirección, guión e animación: Javier Baldó.
Día tras día, dous estraños individuos encóntranse nun patio moi especial, aos arredores da cidade. Por casualidades do destino, sempre acaban encontrándose algún obxecto moi familiar, que acabará provocando unha situación do máis inusual.

 

GALIZA VO  // 17:30h
nemeth NEMETH
Dirección e guión: Lidia Cambón e Jose Luis Varela.
Uxía é una rapaza que investiga todo o relacionado coas meigas do Monteneme, para presentalo no traballo de fin de carreira. O que non sabe, é que ela mesa, e a sú familia, está máis relacionada co  tema do que podería imaxinar.
pib PIB
Dirección: Mighele de Currás.Guión: Mighele de Currás, Héctor Casas e Alfonso Míguez.
Isto vai do que lle acontece a dous amigos no circo da súa vida diaria. Son uns inadaptados que porfían por disfrutar a todo meter, a pesar das trampas e obstáculos cos que se atopan no camiño. Posúen unha desgraciada virtude: inconscientemente sempre acaban metidos en fregados.
interfecto INTERFECTO
Dirección: Biby Jacob.Guión: Nerea Sarmiento, Pablo Dapena e Jose Luis López.
Unha serie de asasinatos están a ocorrer en Celanova, o detective Salvador está completamente inmerso na investigación do caso pero non é capaz de realizar ningún avance.
fame FAME
Dirección e guión: Anxos Fazáns.
Fame está protagonizada por dúas rapazas cun modo de vida diferente, capaces de crear o seu propio universo e arrastrar con elas a quen ten a mala sorte de coñecelas. Viven na carretera e o seu oficio é seducir, secuestrar e asasinar homes. Sede de vinganza, iso é o que guía a viaxe dos personaxes nesta segunda tempada. Botando a vista atrás cara as orixes dos protagonsitas acercarémonos ás súas escuridades.
galosodios OS GALOSODIOS
Dirección e guión: Marcos Rodríguez.
Os Galosodios é unha Webserie de humor que está protagonizada polo Galo do Arde Lvcvs; este Galo surxe de forma independente no 2012 ao redor da festa romana por excelencia de Galicia: O Arde Lvcvs de Lugo.

 

INTERNACIONAL 1 // 19:00h
 cualca CUALCA!  (Arxentina)
Dirección: Fede&Nano.Guión: Malena Pichot, Charo López, Julian Doregger, Julián Kartún e Julián Lucero.
Cualca é unha Serie de Humor que pon o seu ollo nunha realidade real. Un proceso de identificación, non de idealización. É un colectivo humorístico que a base de humor negro, cinismo e algunhas perrucas…. intenta poñer luz en temas do hoxe.
 darren has a breakdown DARREN HAS A BREAKDOWN  (Inglaterra)
Dirección e guión: Menelik Simpson.
Nas sesións de terapia impostas nun xuízo, Darren recapitula todos os problemas nos que está metido, mentres loita por continuar coa súa vida e sobrepoñerse á ruptura con Steph, o grande amor da súa vida.
 milano underground MILANO UNDERGROUND  (Italia)
Dirección: Giovanni Esposito.Guión: Paolo Bernardelli.
No metro de Milán todos os días se xuntan miles de persoas, cada unha cunha historia que contar. Catro liñas, catro directores, catro episodios, catro contos distintos enlazados igual que os vagóns do metro.
 cumulo y nimbo CÚMULO Y NIMBO  (Arxentina)
Dirección: Ariel Martínez Herrera.
Guión: Grandesexitos.tv
Coa impunidade de dous amigos en confianza, Cúmulo e Nimbo tocan temas filosóficos dende o máis chairo sentido común, e atravesan capas de sentido cun fío condutor absolutamente casual.
 jvac JE VOUS AI COMPRIS  (Francia)
Dirección e guión: Frank Chiche.
Abril de 1961. Cando o golpe dos seus xenerais ameaza o goberno de De Gaulle, Jacquot, un novo recruta, decátase de que a guerra non é un xogo. Thomas, o fillo dun colono, non soporta a súa debilidade en lugar ser do paracaidista que sempre soñou ser. Malika desexa loitar pola independencia de Alxeria e Sarah trata de esquecer a bomba que puxo. Todo o anterior sen mencionar a Ali, un líder pouco relevante do FLN, que está listo para facer calquera cousa para impedir o golpe.
 o oposto do sexo OPOSTO DO SEXO  (Brasil)
Dirección e guión: Leandro Corrêa.
Sempre quere ter relacións sexuais coa mesma muller. Oposto do Sexo é unha webserie cómica sobre os intentos dun marido para convencer a súa muller de que manteña relacións sexuais con el. E, ás veces, tamén ao contrario.

 

VENRES 17

NACIONAL 2 // 16:00h
polemicos POLÉMICOS
Dirección:: Jesús Vázquez
Guión: Jesús Vázquez e Javier Escot
Un grupo de personaxes moi retorcidos que se ven inmersos en situacións absurdas, surrealistas e comprometidas, pero con humor acábanas superando todas.
imberbe IMBERBE
Dirección: Marta Hernandez, Pol Más de Xaxás, Anna Martí e Adrià Sánchez.
Guión: Marta Hernandez, Pol Más de Xaxás, Anna Martí, Adrià Sánchez.
Tomás é un tipo dunha cidade pequena que se muda a Barcelona para comezar a carreira. A primeira tempada fala do primos que nos sentimos todos ao cambiar totalmente de ecosistema por primeira vez (piso, amigos, centro de estudos…).
fantasmagorica FANTASMAGÓRICA
Dirección e guión: Juan Flahn.
Marga é unha psicóloga que traballa na casa recibindo a xente á que proporciona terapia. É unha gran científica, traballadora e racional pero ten un talento moi especial para curar todos os traumas dos seus pacientes: percepción extrasensorial. Ela ve fantasmas.
barra libre BARRA LIBRE
Dirección: Carlos Martín Pazo e Manuel Noguera.
Guión: Carlos Martín Pazo, Manuel Noguera e Pilar Durán.
Barra Libre é unha serie de sketches no que cada capítulo é un chopo porque son breves, diferentes e cun toque artesanal.
de pontis DE PONTIS
Dirección e guión: Juan Rodrigo e Pedro Rodrigo.
Ano 39 d.C Nun remoto lugar do Imperio Romano unha pequena gornición vixía a ponte “De Pontis”. Os lexionarios que a compoñen foron enviados aquí como castigo polo seu mal comportamento, pero lonxe de Roma, viven tranquilamente á espera do seu permiso para volver á casa.

 

INTERNACIONAL 2 // 17:30h
for the last round FOR THE LAST ROUND   (México)
Dirección: Antonio Guajardo.
Ser campión mundial é o sono ao que aspira todo boxeador. O camiño ao cume é difícil, pero máis aínda os adestramentos e obstáculos que se presentan día con día. Coñezan a Francisco “Chihuas” Rodríguez, campión palla da OMB e a FIB.
estilo esther ESTILO ESTHER   (Arxentina)
Dirección: Pedro Levati
Guión: Pedro Levati, Alicia Brugo Bee, Magalí Díaz, María Laura González.
Estilo Esther é unha serie web de seis capítulos onde cada un mostra a visión dun personaxe distinto fronte ao mesmo feito: a morte de Esther, dona do centro de beleza onde transcorre a historia.
 lisitanicus  A LUSITANICUS   (Portugal)
Dirección: Duarte Neves
Guion: Elisa Generoso, Mariana Afreixo e Duarte Neves.
Na Iberia profunda hai unha tribo que non se goberna a si mesma nin permite que ninguén a goberne” Caio Julio César, 40 AD. Quen é esa xente? Con esta webserie, internet será invadida por sketches moi curtos cheos de barbarie.
 cortos de gigantes CORTOS DE GIGANTES   (Arxentina)
Dirección: Sol Rietti.Guión: Fernando Milsztajn.
A vida dos teus directores preferidos coma nunca antes os viras.
Curtos de xigantes é un ciclo de relatos curtos nos que, a través de diversas técnicas de animación, se conta a historia dos directores de cine máis destacados de todos os tempos.
 authentik AUTHENTIK   (Francia)
Dirección e guión: Anthony Lemaitre.
Ben, un mozo despreocupado e inseguro que vive nos suburbios, comparte todos os seus problemas, que combinan familia, amigos e, naturalmente, rapazas.
 electrica ELÉCTRICA  (Arxentina)
Dirección. Esteban Menis.Guión: Esteban Menis e Sebastián Rotstein.
Un produtor sen escrúpulos, un eterno pasante “meritorio” e unha secretaria maltratada conforman “Eléctrica”, unha produtora de televisión que, con moi poucos recursos, intenta levar adiante un proxecto ridiculamente pretencioso: un programa de entrevistas sobre grandes temas filosóficos conducido polo grande ilustrador Ricardo Siri “Liniers”.

 

NACIONAL 3 // 19:00h
gifted corporation GIFTED CORPORATION
Dirección e guión:  Rose of Dolls e Oliver Mend.
Sean e Silva guíannos a través da historia, tratando de encontrar o misterioso asasino da moeda, encontrando algúns marabillosos personaxes no seu camiño. Persoas especiais, únicas, GIFTED.
el metodo sueco EL MÉTODO SUECÖ
Dirección e guión: Jorge Boquete e Óscar Cruz.
Quique e Óscar son os irmáns máis riquiños de Internet e están aquí para demostralo. Non son a estraña parella, pero parece que o intentan desesperadamente. Quique, o maior, sempre trata de quedar por enriba do seu compañeiro. Ten que loitar por manter o rango de protector e así se gañar o dereito ao vacile perpetuo. Óscar, o pequeno, está a empezar a comprender de que vai realmente a vida.
adc AULA DE CASTIGO
Dirección: Giovanni Maccelli, Carlota Coronado, Carlos Ruano, Jaime Vaca, Mikel Alvariño
Guión: Carlos Ruano, Jaime Vaca, Mikel Alvariño y Susana López Rubio
Sara é unha alumna nova no instituto que queda castigada xunto con outros catro alumnos ao finalizar as clases. Cando o instituto queda baleiro, e coa soa presenza do seu profesor, algo estraño sucede… Antes de que poidan reaccionar, os rapaces quédanse illados, atrapados no instituto sen poder saír, sen poder comunicarse con ninguén e sós… Ou iso creen eles.
muñecas MUÑECAS
Dirección: Carlota Sayos.Guión: Carlota sayos e Inma Olmos.
5 mulleres e 1 home comparten as súas vidas en terapia de grupo conducidos por unha psicanalista freudiana onde tratan conflitos afectivos- sexuais.
fracasados por el mundo FRACASADOS POR EL MUNDO
Dirección e guión: Gonzalo Gurrea Ysasi.
Jose Manuel Espencer é un mozo de trinta anos que, inmerso nunha crise laboral e persoal, decide emprender diversas estratexias co obxectivo de poñer rumbo á súa vida.

 

SÁBADO 18

INTERNACIONAL 3 // 16:00h
nerd of the dead NERD OF THE DEAD  (Brasil)
Dirección: Chris Tex
Guión:: Chris Tex and Rafael Baliú
Kaiser e Bocarelli son dous nerds que esperaron toda a vida pola Apocalipse Zombi. Cando por fin chega ese día, empezan a aventura das súas vidas.
 dejavu  DEJA VU   (Colombia)
Dirección e guión:  Juan Francismo Pérez Villalba.
​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​Conta a historia de Sebastián, un mozo que pode ver traxedias antes de que acontezan, tendo a oportunidade de cambialas, o que non sabe é que ao facelo cambiará o destino doutros, provocando eventos que non só poñerán en risco a vida doutras persoas, senón a súa propia vida e a da muller que ama.
 future duck  FUTURE DUCK  (Inglaterra)
Dirección e guión: Henry Dalton e Paul Cope.
Programa sobre un parrulo que chega do futuro e agora vive cunha balea semi-evolucionada e un T-Rex femia e un sensible muffin inglés.
 judas goat  JUDAS GOAT   (Inglaterra)
Dirección e guión:  Pavel Shepan.
Mike non é un asasino en serie. A súa vida foi destruída por completo ao ser escravizado por un horror sedento de sangue. Agora encóntraos, sedúceos e hai sempre un berro breve antes de que a criatura lles esnaquice as gargantas. É a única forma… Lisa estivo a seguir a Mike o tempo suficiente. Coñece a natureza do seu traballo demasiado ben; agora chegou o momento… Cando os dous se encontran, os seus camiños entrecrúzanse e envólvense nunha espiral cara a un final violento.
 aj zombies  AJ ZOMBIES   (Perú)
Dirección:  Daniel Martin Rodríguez
Guión: Daniel Martin Rodriguez, Gonzalo Rodriguez Risco e Fito Torres.
O primeiro día dunha epidemia zombie en Lima.
tiempo libre TIEMPO LIBRE   (Arxentina)
Dirección: Martin Piroyansky.
Guión: Ignacio Sánchez Mestre, Rodrigo Moraes e Martín Piroyansky.
Martín Piroyansky encóntrase atado a un curioso contrato de traballo que o deixa con moito tempo libre e decide facer un reality contándolle ao público, xustamente, que fai un actor cando non traballa. Os problemas non tardan en aparecer. A súa noiva, a súa irmá e todo o seu ámbito vense sacudidos pola intromisión do heteroxéneo equipo de realización que o acompaña a todos lados.

 

NACIONAL 4 // 17:30h
pinkoo PINKOO
Dirección e animación: Luis Usón.
Pinkoo é un adorable osiño rosa que vive nun estraño mundo branco, baleiro e violento.
vincent finch VINCENT FINCH
Dirección e guión: David Suárez.
Vincent Finch é un docu-realidade sobre a vida dun egocéntrico director de cine, Vincent Finch, obsesionado pola moda, o cine e consigo mesmo. A través dos testemuños da súa asistenta, o seu mellor amigo, e os seus coñecidos, descubriremos os seus trapos sucios e os seus desesperados intentos por lograr a fama no mundo audiovisual.
la caida de apolo LA CAÍDA DE APOLO
Dirección e guión: Marc Puig e Oriol Puig.
A caída do meteorito Apolo asegura que o fin do mundo chegou e nunha poboación costeira se están a organizar festas para celebrar que non haberá mañá. Max, Sofía, Carlos, Dani e Ana aproveitarán a oportunidade que lles queda para facer aquilo que sempre quixeron.
comaland COMALAND
Dirección e guión: David Sainz e Jose Antonio Pérez.
Dous marxinados sociais, fartos da súa vida, quedan por un foro de internet para suicidarse xuntos nun motel de estrada. Debido á súa ignorancia, non lles sae de todo ben e sobreviven, pero rematan en coma. É entón cando coñecen Comaland onde chegan coa forma daqueles que sempre quixeron ser: un guerreiro medieval e un gánster negro na rúa.
nico and sunset NICO&SUNSET
Dirección e guión: Oriol Vila e Raquel Salvado.
NICO&SUNSET é unha historia de amor. NICO&SUNSET é unha parella artística que loita polos seus sonos. Un ruso e unha francesa abríndose camiño na cidade de Barcelona. Un quere ser unha estrela da canción. Á outra gustaríalle ser “unha parella normal”.