experimental2Impartido por Juan Lesta e Belén Montero

Duración: 15 horas
Nº de prazas: 20
Data: 24-28 febreiro
Horario: 24 ao 27 de 17 h – 20h e 28 de 10h-13h

Unha aproximación ao audiovisual experimental e de creación, no que se abordarán as metodoloxías de traballo, un breve percorrido histórico, para finalmente producir unha serie de pezas rápidas a cargo de cada alumno.

O obxectivo é adentrarse e coñecer un estilo de creación audiovisual do que se nutren o resto dos formatos “convencionáis” (publicidade, cine, videoclip), para aplicalo tanto en producións convencionais como na propia creación de pezas de creación propia.

PROGRAMA
– Que é o video/cine experimental.
– Breve percorrido histórico con exemplos e visionado.
– Novos formatos, novas tecnoloxías e como a experimentación pode aproveitalos.
– ¿Como se crea unha peza experimental?: métodos, diferencias e particularidades en comparación coa industria audiovisual estándar.

-CREACIÓN DA PEZA PROPIA
-Idea/guión
-Planificación
-Rodaxe
-Posprodución
-Distribución
Visionado e comentario en conxunto de tódalas pezas resultantes.

 

juan_lestaJuan Lesta & Belén Montero (DSK). Directores, produtores e creativos da productora audiovisual e multimedia Esferobite. Dirixiron a súa actividade cara ao videoclip, videocreación, multimedia, instalación e video en directo, recibindo diversos premios e mencions de carácter nacional e internacional. Realizaron videoclips para Fangoria, Astrud, A boa vida, Catty Claret, Alma-X, Josh Prada… E produciron pezas de videocreación, entre outros para a Mostra INJUVE, Centro Galego de Arte contemporánea, Fundación Luís Seoane, Museo do Mar de Galicia, Hangar… expuxeron os seus traballos en Pompidou de Metz, CGAC, A Capella, A Virreina, Fundación Luís Seoane, entre outros. Posúen pezas na colección do CGAC, Artium-Injuve e Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Impartiron clases de audiovisual en diferentes centros de Barcelona coma MACBA, Elisava, IED, BAU ou ESDI.

www. esferobite.com