Paula Hernández
Periodista e investigadora en ficción para internet.
Aínda que estudou Comunicación Audiovisual, Paula Hernández traballa de xornalista, que é a súa paixón, e investiga webseries. Empezou a súa carreira investigadora no Observatorio Internacional de Televisión dirixido por Lorenzo Vilches, cunha tesiña sobre ficción para internet que se centraba nas webseries e abriu un blog que foi pioneiro no tema, Enawebseriada.com. Grazas a el leva dado a volta a España faciendo conferencias, participando en festivais e debatendo en mesas redondas sobre o presente e o futuro das webseries. Tivo o seu propio programa de radio e viviu uns meses nos Estados Unidos investigando sobre ficción seriada para Internet na City University of New York. Na actualidade traballa para o coñecido portal sobre televisión Vertele, onde se fala de audiencias, series, programas e entrevistan a presentadores, actores ou directivos.
Xavi Daura
Venga Monjas
Esteban Navarro
Venga Monjas
Venga Monjas é o dúo cómico formado por Xavi Daura e Esteban Navarro, dous tipos riquiños de Barcelona. Famosos polo seu traballo online, tamén teñen traballado en publicidade, televisión e maracas. Amantes da boa vida e do noble, o seu obxectivo é facer rir dunha forma honesta e sen trucos. Podedes atopalos en Youtube e no seu blog.
Daniel Vilaverde
Guionista, realizador e actor
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais pola Universidade de Vigo. É director e guionista de curtametraxes como “A culpa é dos pais” ou “Bilingüismo cordial” e participou como actor en curtametraxes (“O morgado tivo un prezo”, “As pequenas batallas”, “Perfil falso”), webseries (“El viudo quiere mimos”) e series de televisión (“Casa Manola”). É creador do proxecto musical “autOOdio” (xunto a Rubén Lino) e da webserie “Poetarras” (xunto a Rubén Lino e Manuel Gago), gañadora do premio á mellor webserie en lingua galega da 1ª edición do Carballo Interplay.
Sara Gómez Iglesias
Guionista, deseñadora de proxectos audiovisuais e fotógrafa. Membro de AGAG.
Empezou a súa carreira profesional traballando en Madrid como auxiliar de cámara en películas como “Promedio Rojo”, “Vete de Mi” ou “Isi Disi: alto voltaje”. Unha bolsa da Fundación Caixa Galicia á súa primeira obra literaria, canda unha subvención da AGADIC a desenvolvemento, fixeron que regresase á Coruña coa intención de se converter en guionista. Logo dun período de formación, incorpórase ao departamento de desenvolvemento de Voz Audiovisual. Alí escribe o guión de series e de películas para televisión como “Padre Casares”, “Matalobos”, “África” ou “Cinco días de Nadal”. Como guionista autónoma traballa na segunda tempada de “Luci” (Portocabo – Grupo Boomerang) e no desenvolvemento dunha nova serie para TVG (Voz Audiovisual).