Xoves 24/04/25
12:30

Descubrindo o videoxogo galego. Con MUVI

Non podemos falar do audiovisual galego sen mencionar o mundo dos videoxogos, e MUVI é o primeiro museo aberto en España adicado á súa historia. A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia xorde a partires da necesidade de reivindicar o videoxogo como unha forma de cultura e de arte, vencellado coas virtudes da faceta lúdica do ser humano. O MUVI é o resultado dun proceso reivindicativo e dunha visión concreta sobre o potencial deste medio, transversal, rigorosa e integradora.

Panel

Neste Interplay Lucas Costas, un dos seus integrantes, reivindicará o videoxogo como medio de comunicación, expresión e creación, así como unha ferramenta educativa no sentido máis amplo da palabra, nun panel no que repasará tamén a súa historia en na nosa comunidade poñendo o foco en The Wall, o primeiro videoxogo comercial de Galicia.

Instagram: @museodovideoxogo | TikTok: @museodovideoxogo | X: @MuseoVideoxogo  

Participan

Lucas Costas Rodríguez

Natural de Ourense. Licenciado en Filoloxía Inglesa e Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados pola Universidade de Vigo en 2011, con especialización en análise de medios culturais anglófonos. No eido do videoxogo, ademais dunha longa experiencia como xogador, traballou no centro de localización para linguas europeas de Electronic Arts en Madrid, leva colaborado en medios de comunicación especializados e podcasts, e dende 2021 é guía e divulgador de contidos do Museo do Videoxogo de Galicia, en Cangas do Morrazo.