Xoves 16/04/26
21:30
Mercado de Carballo

Estrea da serie Epidemia Invisible

De Román Varela

Estrea en primicia de “Epidemia Invisible” de Román Varela, a serie gañadora do premio a proxecto dixital en galego na pasada edición do festival. Presentaranse os tres primeiros capítulos e contaremos coa presenza do seu director, elenco e equipo da serie.

CIP26Proxección

EPIDEMIA INVISIBLE

País: Galicia, España
Xénero: Documental
Dirección e guión: Román Varela Cores
Dirección de fotografía: Alberto da Silva Castro
Produción: Román Varela Cores e Alberto da Silva Castro
Produtora: ABOA

Sinopse: A saúde mental é un dos grandes desafíos do noso tempo e ten que ser abordado polos seus protagonistas. Epidemia Invisible constrúe, a través de diversas testemuñas en primeira persoa, un relato coral e vitalista sobre o impacto do diagnóstico que pon a sociedade fronte ao espello.

Participan

ROMÁN VARELA

Román Varela é un xornalista especializado en comunicación política e social. Na súa etapa universitaria iniciou o proxecto sobre política galega, Carretando, formando parte do seu grupo promotor. Traballou en gabinetes de comunicación de diferentes organizacións e colaborou no desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Director de ‘Epidemia Invisible’, unha serie documental sobre a saúde mental en Galicia abordada desde a primeira persoa.