Venres 25/04/25
20:00
Mercado de Carballo

Estrea. Serie “Mariliendre”

Proxección

Meri Román foi unha raíña da vida nocturna gay madrileña, pero iso foi hai máis de 10 anos. Agora, con 35 anos, é unha diva destronada, atormentada polo seu pasado e aburrida polo seu mediocre presente. Tras a morte do seu pai, Meri reconecta co seu grupo de amigos homosexuais, lembrando o seu pasado e os éxitos musicais que marcaron esa época, ao tempo que trata de definir a súa vida caótica e a súa identidade.

Participan

Javier Ferreiro

Lugo, 1989. Creador e director da serie musical Mariliendre, producida por Javier Calvo e Javier Ambrossi para Atresplayer. Mariliendre é a súa segunda colaboración con Suma Content despois de ser guionista de Vestidas de azul, secuela da exitosa serie Veneno. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra, especializouse en guión antes de estudar dirección de ficción na Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba. Actualmente está a desenvolver o seu debut como director, Fame e febre.

Blanca Martínez

Nacida en 1997 en Jaca, decatouse na súa adolescencia de que a súa verdadeira paixón era a actuación. Con traballo e esforzo, Blanca Martínez converteuse, con menos de 30 anos, nunha actriz polifacética e, sobre todo, nunha desas mulleres que sempre están “ao pelotazo”, como ela mesma di. É a protagonista de “Mariliendre”.