Sábado 18/04/26
18:30
Mercado de Carballo

I’ll see you in my dreams. Twin Peaks

Con Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix

Este ano, o festival contará cun debate en directo entre Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix, no que analizarán a serie “Twin Peaks”.

CIP26Show

Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix analizarán a icónica obra magna de David Lynch, que, máis de trinta anos despois da súa estrea, segue cativando a todas as seriéfilas. A serie busca desentrañar o asasinato de Laura Palmer, unha popular estudante do instituto de Twin Peaks, mergullándose gradualmente nunha atmosfera onírica e surrealista onde o espectador, guiado polo investigador Dale Cooper, descobre os escuros segredos da misteriosa vila.

Participan

ESTELA ORTIZ

Estela Ortiz é analista cultural e comunicadora, especializalmente do que ten que ver con cultura audiovisual, cultura dixital e feminismo. Actualmente presenta o podcast “Club de Serias” en Radio Primavera Sound. En YouTube, crea videoensaios analizando diversos fenómenos culturais como o Y2K, o heteropesimismo ou criptobros.

Instagram: @kkiilllljjooyy

JUAN EVARISTO VALLS BOIX

Juan Evaristo Valls Boix é escritor e profesor de Filosofía da Cultura na Universidade Complutense de Madrid. Ten dous doutoramentos, un en Filosofía Contemporánea e outro en Teoría da Literatura, e é membro do grupo de investigación Pensamento Contemporáneo Posfundacional. As súas investigacións céntrase na preguiza e o rexeitamento do traballo no capitalismo tardío, con especial atención ás políticas do afecto e á filosofía francesa contemporánea.

Instagram: @juanevaristovalls