Sábado 18/04/26
12:30
Mercado de Carballo

Internet chiquito

Con Ainhoa Marzol e Carmen Pacheco

Aínda que sempre fomos INTERNET LOVERS, hai un internet que segue sen gustarnos. Aquel máis escuro, hostil ou violento, que afecta directamente á saúde mental e á participación nas redes. E iso fai que moita xente abandone os espazos que ocupa pola súa transformación.

CIP26PanelSignado

Por iso, nesta edición incorporamos unha actividade especial con dúas profesionais e expertas nese internet que nos encanta que farán un percorrido audiovisual pola súa relación cas redes. Explorarán a partir das súas experiencias como nos comunicamos e como creamos, dende as primeiras comunidades, pasando por un internet máis aberto, ata chegar ao que temos hoxe en día: pequenas vías de escape, pequenas portas ou espazos case íntimos e pechados a un pequeno grupo de amizades nos que a xente se relaciona entre si na actualidade no ecosistema dixital. Un internet chiquito.

Somos parte dun internet que mira ao pasado para entenderse, que aposta polo presente para non desaparecer e que se pregunta polo futuro sen medo. Un internet que se materializa, un ano máis, nas rúas de Carballo, convertendo a vila nun punto de encontro para algunhas das voces máis interesantes do panorama dixital actual.

Participan

AINHOA MARZOL

Ainhoa Marzol é unha curiosa do internet, apaixoada da cultura pop e creadora da newsletter ‘Gárgola Digital’, agora mesmo en hiatus, con máis de 11.000 suscriptores, na que comentaba tendencias e cultura dixital. Ademáis, colaborou con diferentes medios como EITB, Rockdelux ou o CCCB Lab.

Instagram: @ainhoamarzol
Tiktok: @noakrakatoa

CARMEN PACHECO

Carmen Pacheco é escritora, xornalista e creadora da newsletter ‘Flecha’, con máis de 15.000 suscriptores. Como articulista tivo seccións fixas en revistas coma Redes para la ciencia, S Moda e Verne de El País, Vogue e Vanity Fair.Tamén participou como guionista en proxectos coma ‘Santuario’, ‘Blum’ e ‘Místicas’. 

Instagram: @carmen_pacheco__
Tiktok: @carmen__pacheco