Xoves 24/04/25
10:30
Mercado de Carballo

Kit de autodefensa dixital. Con FemBloc

A finalidade deste taller é visibilizar que son as violencias machistas dixitais e dar ferramentas para combatelas, a través dunha guía visual que ofrece ferramentas e recursos esenciais para afrontar as violencias machistas dixitais desde unha perspectiva feminista e de empoderamento. Porque o que pasa nas redes tamén é real, e ten un impacto fóra das nosas pantallas.

ObradoiroPanel

A través das ilustracións de Clara Iris Ramos, afondaremos en tres temáticas básicas: a privacidade en liña, o control das nosas imaxes íntimas ou privadas, e como responder en casos de control e vixilancia. Os asistentes aprenderán a controlar a información que comparten, facer sexting seguro, ou crear contrasinais fortes dunha forma didáctica e fácil de comprender. Porque queremos que todas as persoas estean cómodas e seguras en liña, independentemente dos seus coñecementos dixitais.

Participan

FemBloc

Iniciativa feminista sen ánimo de lucro para a prevención, detección, atención e reparación das Violencias machistas dixitais (VMD). Fembloc nace ca reivindicación de expertas e ciberfeministas de que internet e os espazos conectados tamén están atravesados polas violencias machistas. O proxecto formano Alia e Donestech, Calala Fondo de Mujeres, a Universidade de Barcelona (Grupo Cópolis) e as expertas Alex Haché e Laia Serra.

Instagram: @stopvmo