Sábado 26/04/25
12:30
Mercado de Carballo

Comunicar na diversidade

Con un internet cada vez más hostil e un aumento do movemento reaccionario de ultradereitas, misóxino e racista, é máis importante que nunca comunicar na diversidade.

Panel

É responsabilidade de espazos como Carballo Interplay axudar a difundir os discursos de creadoras que buscan defender os dereitos de todas. Queremos escoitalas e saber cómo axudar a mellorar os espazos de debate, como educar dun xeito igualitario e corrixir os nosos prexuizos. Para isto queremos contar con algunhas das creadoras e comunicadoras máis relevantes que hai neste momento na loita antirracista e contra a xitanofobia como Chaimaa Boukharsa,  Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez, con Antonio Grunfeld, de AGARESO, como moderador .

Participan

Chaimaa Boukharsa

Filóloga licenciada en Estudos Árabes e Islámicos, especialista en Diversidade Cultural e antirracismo. Conferenciante, consultora e comunicadora, ademais de cofundadora de Afrocolectiva, un medio de comunicación e deconstrución antirracista, afrofeminista e decolonial.

Instagram: @chaimaaboukharsa | Tiktok: @chaimaaboukharsa

Lucía Mbomío

Lucía Asué Mbomío Rubio (Madrid, 1981) é licenciada en Ciencias de la información, diplomada en Guion y Dirección de documentales, Máster en Desarrollo y Ayuda Internacional e experta universitaria na xestión da diversidade no eido empresarial. En 2005 empezou a trabajar en televisión e foi reporteira en Telemadrid, Antena 3 e TVE1. También dirixíu e guionizou documentais. Colaborou na cadena SER, en El País e, a día de hoxe, continúa escribindo nese periódico e noutros medios dixitais como Píkara Magazine ou Infolibre. Supervisou e asesorou o guion da serie “Detective Touré” (Tve1) e é cofundadora de “Afromayores”, un proxecto fotográfico e de vídeo sobre memoria protagonizado por xente africana e afrodescendente de máis de 65 anos. Ademáis, escribíu tres libros: “Las que se atrevieron”, ”Hija del camino” e “Tierra de la Luz”.

Instagram: @luciambomio

Guru Jimenez

Diplomada en Traballo social pola Universidade de Salamanca. Dende o ano 2004 colabora como profesora en varios másters así como asesora en numerosos programas e protocolos destinados á poboación xitana. Na Universidade de Ourense, foi profesora do Máster “Igualdade de xénero e Políticas de Igualdade” e “Compensación das desigualdades educativas”, na Universidade de Vigo, na Cátedra de Estudos Feministas. En 2015 foi a primeira xitana que encabezou lista para o parlamento pola provincia de Salamanca. Fora da política institucional, é presidenta da Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad e pioneira na formulación política do Feminismo Romaní en España. Como activista feminista, e unha das voces referentes dos feminismos contra-hexemónicos de España, participa habitualmente en todo tipo de foros impartindo charlas e conferencias sobre o feminismo, o antixitanismo e a política xitana. 

É autora de La cuadratura de vuestros círculos, 2018, en Andrés R. & Masó J. (eds.) Re/visiones Gitanas. Políticas, (auto)representaciones y activismos en diálogo con el género y la sexualidad. Barcelona: Bellaterra. Na actualidade atópase desenvolvendo a escola de liderazgo feminista romaní como escola de pensamento e de acción a nivel europeo xunto co proxecto “Na bistarde” (No Olvidamos) para a transmisión interxeracional da memoria xitana.