Xoves 16/04/26
17:00
Mercado de Carballo

Pitching. Produción de contido dixital en galego.

Os finalistas deste premio para a creación de calquera tipo de contido dixital en galego que convoca o Concello de Carballo terán que defender as súas propostas diante dun xurado composto por Maite Parga (Técnica de Información e Turismo do Concello de Carballo), Sandra Lesta (equipo do Carballo Interplay) e Román Varela (gañador do premio da pasada edición por “Epidemia Invisible”. Os finalistas disporán de 10 minutos para defender o seu proxecto e agárdaos un premio de 3000€ para a produción da súa idea.

CIP26Contido dixital galegoPitching

Bases do premio (PDF) 🡭

Participan

CROSSBOOKING CASTELAO

Un proxecto de Teresa Barberena

Microdrama de 3 capítulos inspirados nos relatos de “Cousas” de Castelao.

Adaptación de tres relatos do libro Cousas do escritor Alfonso Rodríguez Castelao. Os relatos elixidos tratan sobre mulleres vulnerables vítimas de violencia de xénero. Castelao deu conta no seu tempo desta problemática. O obxectivo desta serie de microdramas é demostrar como estas violencias seguen presentes cen anos despois da publicación do libro de relatos Cousas na nosa sociedade e poñer en valor a figura de Castelao como un escritor con sensibilidade social.

IMÁISDE

Un proxecto de Ángela Triana

Microserie de ciencia ficción cómica en formato de falso documental.

Falso documental acerca de persoas cunha relación especial coas novas tecnoloxías, nunha distopía de esaxeración ridícula (ou non tanto) do mundo actual. Para qué usaría realmente un clon robótico alguén que non sabe qué lle gusta facer? Se tivera que escoller entre unha suscrición para abrir a nevera e unha para pagar a plataforma de streaming, qué crés que escollería a humanidade do futuro?

FALANDO AO XEITO

Un proxecto de Xeitosa Producións

Canle de divulgación feminista no sector artistico e cultural

Falando ao xeito é o podcast sobre música en galego creado por músicas galegas. Neste lugar íntimo con músicas e creadoras, Sheila Patricia da espazo á palabra, ao proceso creativo e á emoción que hai detrás das cancións. En cada episodio abrimos unha fiestra ao mundo sonoro das convidadas: falamos de como compoñen, que as inspira, que as move, e tamén do que incomoda, do que custa, do que se cala.

O ENVÉS DUNHA CURVA

Un proxecto de Teatro de Artemisa.

Webserie de ficción cómica con elementos de thriller e enfoque híbrido entre teatro e audiovisual.

No envés dunha curva está a resposta, a solución ó misterio que Dona Babeca Rodríguez tenta resolver. No envés dunha curva descubriremos unha crítica social dende o sarcasmo e o humor. Cada vez que unha autora escribe en galego, a lingua e a esperanza xúntanse nunha mesma historia. Isto ocorre aquí, unha obra orixinal, unha comedia do máis aleatoria que che manterá cá intriga ata o desenlace. Aquí tamén teñen presencia o Deportivo e Ana Kiro, non vos dicía que era ben aleatoria estades listas compañeiras?