Sábado 18/04/26
20:00
Mercado de Carballo

PLOT TWINS. Duplicadas por guion

Con Lúa e Zeltia Mosquera

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente.

CIP26Código Fonte Audiovisual

O Código Fonte Audiovisual é dende a primeira edición un selo do festival que queremos seguir mantendo, nesta edición queremos convidar a Lúa e Zeltia Mosquera, dúas irmás mellizas (que si, xa sabemos que todas pensades que son xemelgas) que nos amosarán como marcaron a súa relación a representación dos xemelgos no audiovisual.

Participan

LÚA MOSQUETERA E ZELTIA MOSQUERA

Lúa Mosquetera e Zeltia Mosquera son dúas creadoras de Miño (A Coruña) que desenvolven o seu traballo entre a palabra, a imaxe e a creación contemporánea. Lúa está vinculada á poesía e á performance, cun estilo directo e emocional que conecta co público, mentres que Zeltia explora o deseño e a creación visual a través de proxectos como La Mapache, centrados na reutilización e na identidade. Xuntas trazan un universo creativo propio onde se cruzan linguaxes, formatos e miradas.