Xoves 24/04/25
18:30
Biblioteca Rego da Balsa

Presentación e proxección de BIBOPALULA, A primeira serie musical de debuxos en galego

Bibopalula conta as aventuras de catro paxaros: o paporroibo Robin, a pega Pegui, o merlo Merlin e o picapau Carpin, que deciden formar un grupo musical. Os protagonistas da serie viven nun bosque e o medio natural e o seus ciclos serán os protagonistas de todas as aventuras e de todas as cancións de Bibopalula.

Proxección

Para crianzas de 3 a 8 anos
Necesaria inscrición previa no teléfono 981 758 580
Max. 1 adulto por grupo de crianzas inscrito.

Proxectaremos dous capítulos, contaremos coa presenza da mascota Robin. E tamén teremos agasallos para os nenos e nenas asistentes. 

Creada por Andrés Mahía e Laura Mahía
Produción: Undodez

@bibopalula_gal
https://bibopalula.gal/