Sábado 18/04/26
11:00
Mercado de Carballo

Scroll, scroll, STOP. As novas regras da divulgación

Con Kenya Stéphanie, Helio Roque, Autoenfoque e Pablo Lluch

Cada vez é mais difícil facerse escoitar en internet. Entre a superpoboación das plataformas, os algoritmos enrevesados, os bots e a IA, semella casi imposible atopar contido de calidade, feito por persoas e ben comunicado. No medio deste caos, destacan algunhas creadoras de contido especialmente hábiles, que conseguen trasladar a información da que son especialistas, cunha identidade única.

CIP26PanelSignado

Nesta primeira charla do sábado, queremos falar con algunhas delas para que nos expliquen cómo se pode facer divulgación nos tempos do déficit de atención. Serán Kenya Stéphanie, Helio Roque, Autoenfoque e Pablo Lluch.

Participan

KENYA STÉPHANIE

Kenya Stéphanie e escritora, actriz e divulgadora de literatura nas redes sociais. As artes, o humano e o seu amor polo que une ambas as cousas é o que a impulsou a estudalo todo: cinematografía, literatura, interpretación musical… Recoller todo nas mans e gardalo nelas. Escribiu o meu primeiro libro Niña efímera (2025), sigue escribindo e creando en distintos ámbitos e desexa ser sempre unha eterna aprendiz.

Instagram: @kenyastephanie_
Tiktok: @kenyastephanie_

HELIO ROQUE

É un xornalista e creador de contido estremeño.Pasou toda a súa vida en Badaxoz ata que en 2020 se mudou a Madrid, un feito transcendental na súa vida porque se enfrontaría a Cercanías Renfe. Desde 2022 fai vídeos en internet sobre diversos temas, incluíndo música, política e curiosidades. Colabora en programas de TV como Todo es Mentira ou Espejo Público, plataformas como Madrid Secreto ou medios como El Comidista. Non sabe saltar máis de 6 centímetros. 

Instagram: @helioroque_
Tiktok: @helioroque_

AUTOENFOQUE

Elena (@autoenfoque) é unha deseñadora gráfica e divulgadora apaixonada pola comunicación próxima, entretida e accesible sobre deseño e cultura visual nas RRSS e no seu podcast «¡Diseña pa la peña!». Tamén presenta eventos culturais como os premios Laus ou as últimas 5 edicións da Galicia Design Week, impartiu unha TED Talk en Granada e sabe 36 decimais do número π (considera claramente este último o seu maior logro).

Instagram: @autoenfoque
Tiktok: @autoenfoque

PABLO LLUCH

Pablo Lluch é músico, compositor, produtor e creador de formatos audiovisuais. Desde 2023 é vocal coach en Operación Triunfo e, recentemente, foi director musical de Mariliendre, a serie musical producida por Los Javis. No mundo dixital, acumula máis de 100 millóns de visualizacións nas redes sociais, onde experimenta con novas narrativas musicais e formatos audiovisuais que captaron a atención de millóns de persoas.

O seu estilo innovador levouno a colaborar con marcas como Aquarius, Popeyes, Movistar, Google Pixel, Prime Video, TVE, Foster’s Hollywood, entre moitas outras, protagonizando campañas publicitarias de gran éxito. A medio camiño entre a educación, a interpretación, a divulgación e a experimentación, o seu traballo segue rompendo barreiras e redefinindo como a música se vive e se comparte na era dixital.

Instagram: @pablolluch
Tiktok: @pablolluch