Sábado 26/04/25
22:30
Mercado de Carballo

Aquí no hay quien viva. Con Ana Polo

Dos creadores de “El Precio Justo” chega “Aquí no hay quien viva”, o concurso de adiviñar o prezo dos pisos de alugueiro. Ana Polo fainos unha selección do mellor dos portais inmobiliarios para xogar todos xuntos a adiviñar o seu prezo (con total seguridade abusivo) dos últimos zulos dispoñibles.

Show

Para a inmensa maioría dos mortais, abrir El Idealista adoita ser sinónimo de sangue, suor e bágoas. Pero, que pasa se lle damos a volta á situación e convertemos o feito de buscar piso nunha experiencia de catarse colectiva? Un espectáculo interactivo onde se competirá por acertar o maior número de prezos posibles. O vello truco de risa para non chorar ante a adversidade, esta vez en versión comunitaria.

Participan

Ana Polo

Xornalista e humorista, traballou en varios programas de RAC1, Catalunya Ràdio, TVE e TV3. Ademais, foi guionista e colaboradora do late show “No te metas en política”, de Facu Díaz e Miguel Maldonado; e guionista e presentadora das cápsulas de divulgación feminista “Feministic”, en Fibracat TV. Tamén é autora de “Mi primera guía feminista”, de ediciones La Galera. Conduciu durante catro temporadas o podcast “Oye Polo”, un dos máis queridos e escoitados de Cataluña, xunto á humorista Oye Sherman; con quen tamén presentou a XVI Gala dos Premios Gaudí da Academia Catalana de Cine en 2024. Actualmente é coñecida polo podcast “Astro Season” de Ràdio Primavera Sound, polas súas colaboracións en RNE4, Time Out e Sentit Crític, e polos monólogos cos que percorre a xeografía catalana.

Instagram: @anapolo__ | TikTok @anapolo____