Sábado 26/04/25
20:00
Mercado de Carballo

Código fonte audiovisual con Bob Pop

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo.

Show

Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente. O CFA é dende a primeira edición un selo do festival que queremos seguir mantendo. Nesta edición correrá da conta de Bob Pop e levará por título “Ellas tenían razón”.

Participan

Bob Pop

Caixeiro de súper, plumilla cultural e do corazón, directivo dunha multinacional, blogueiro, crítico televisivo, director televisivo e teatral, guionista, actor, voyeur, vedette intelectual e, nalgún momento, falso autónomo. Pero ata que Belén Gopegui lle dixo que era un escritor, non o cría. Dende entón publicou unha novela, “Mansos” (Caballo de Troya 2010 e Alfaguara 2021), dous diarios, “Días Ajenos” (Somos Libros, 2017) e “Días Simétricos” (Alfaguara 2023) e tres ensaios “Cuando haces Bob” (Temas de Hoy, 2014), “Un miércoles de Enero” (Turner, 2018) e “Como las grecas” (Debate 2024). Fai uns años codirixiu o “Late Motiv” de Andreu Buenafuente, e participou en “El Objetivo” de Ana Pastor. Tamén creou e codirixiu a serie de HBO “Maricón Perdido” coa que obtivo o Premio Ondas á Mellor Comedia 2021 e o Premio GLAAD 2021 a mellor serie en español. Na actualidade colabora no “Hoy por Hoy” de Angels Barceló na Cadena SER, e no “59 Segundos” con Gemma Nierga en TVE, é adxunto á dirección en “La Marea” e está felizmente vetado en “El Hormiguero” de Pablo Motos. Estreouse como autor de teatro co seu monólogo “Los días ajenos de Bob Pop”, foi galardoado na primeira edición dos Premios Talía e percorreu teatros de España dende a prepandemia, ata a post pandemia. Aparentemente colleulle gustillo ao teatro porque xa conta con outra obra estreada en 2024: “Hablar no sirve. De nada” .

Instagram: @bobpop