Sábado 26/04/25
17:00
Mercado de Carballo

Keep It Cutre live

Un dos podcasts que se poderán escoitar en directo nesta edición é Keep It Cutre, o antipodcast creado por Albanta San Román e Ángela Henche. “Por que facer as cousas ben cando podes facelas regulín” é o seu mantra e ambas describen o seu proxecto como unha charla entre amigas na que “dan a turra”.

Show

Con miles de seguidores en redes sociais, a cercanía e sinceridade é unha das claves do seu éxito. Ademais, teñen un humor a proba de bombas –e de dramas–. Polo podcast pasaron convidadas como Nerea Pérez de las Heras, Beatriz Serrano ou a cómica Lalachus. Chegan por primeira vez a Galicia cun programa que nace das súas charlas do día a día cunha gran dose de risas tocando temas relacionados co sentir da xeración millennial. 

Instagram: @keepitcutrepodcast | TikTok: @keepitcutrepodcast  

Participan

Albanta San Román

Actriz, escritora e creadora de contidos. Nas redes sociais reflexiona sobre temas culturais ou sociais con perspectiva de xénero e feminista. Copresenta o podcast Keep it Cutre e traballa como colaboradora en diferentes formatos, como PLAY ZETA en RTVE.

Instagram: @albantasanroman | TikTok: @albanta.sanroman

Angela Henche

Creadora de contidos, apaixonada pola moda e a música e responsable do proxecto Crazy in Pop, un podcast onde se analizan fenómenos da cultura pop.

Instagram: @angelahenche | TikTok @angelahenche