Xoves 24/04/25
22:30
A Xamonería

SHOW. Non saímos do lixo

Non saímos do lixo é un programa de sketches en galego. Tras unha primeira época nos anos 2010-12, volveu en 2024 agora explorando tamén máis formatos: shows en vivo, podcasts…

Show

Se hai un fenómeno revelación na internet en Galicia nos últimos meses, son eles, prometido. O Show de NSDL é un laboratorio de comedia por onde pasarán algúns dos seus clásicos e se probarán novos personaxes e sketches. ‘Stand up’ en galego conquistando espazos máis alá da rede. 

Instagram: @nsdlixo | TikTok: @nsdlixo | BlueSky: @nsdlixo.bsky.social