Xoves 16/04/26
11:00
Mercado de Carballo

Sobrevivir en galego nas redes sociais

Con Prado Rúa e Konachadas

Crear contido en galego nas redes: unha idea consciente ou un acto de fe? Nesta conversa Prado Rúa e Konachadas falan de algoritmos, hate, oportunidades e de por que, a pesar de todo, seguen rosmando a base de virais. Unha hora para expoñer a pouca vergoña que lles queda e botar algún que outro rexoubeo.

CIP26PanelSignado

Participan

PRADO RÚA

Prado Rúa é un proxecto que nace no 2020 dende a necesidade dun anaco de cultura galega en internet. Converteuse en influencer, pero desas que queren mellorar o mundo. Cultura, humor, trends con identidade propia… fala do que lle apaixona. E sempre candongueando, claro!

Instagram: @prado_rua
Tiktok: @pradorua 

KONACHADAS

Nuria Grandío naceu en Viveiro coa ansia de comunicar nas súas veas. As mestras do colexio sempre lle rifaban por falar ou por estar nos seus “mundos imaxinarios”. Atopou o xeito de canalizar toda esa enerxía dedicándose ao mundo da creatividade e da publicidade. Hai 5 anos comezou tamén co seu proxecto persoal en redes sociais, Konachadas, co que gañou na edición 2025 o premio Youtubeiras+ á Creación de Contido.

Instagram: @konachadas
Tiktok: @konachadas