Venres 17/04/26
10:30
Mercado de Carballo

Isto non é ciencia ficción: IA e traballo en medios dixitais

Con Maldita

Non se pode falar do dixital no ano 2026 sen falar da intelixencia artificial. O que hai apenas uns anos parecía ciencia ficción é agora o día a día de calquera persoa con acceso a internet. Estas novas ferramentas e modelos de linguaxe como Claude, ChatGPT, GeminAI, Grok ou Midjourney teñen tantos defensores como detractores. 

CIP26PanelSignadoZona PRO

Por un lado, a sua habilidade para xerar texto e imaxes facilitan a vida de moita xente, polo outro, a súa pegada medioambiental é inasumible e o seu efecto na propia psique humana aínda está sendo examinada. Nesta primeira actividade da Zona PRO, analizaremos o seu impacto da man de Maldita.es, fundación e medio de comunicación sen ánimo de lucro, especializado en fact-checking (verificación de datos) e desmentido de bulos.

Participan

MALDITA.ES

Pablo Pérez Benavente é filólogo e especialista en intelixencia artificial en Maldita.es, unha fundación sen ánimo de lucro con sede en España que protexe a integridade da información e promove a construción da confianza pública a través do xornalismo, a educación, a tecnoloxía, a investigación e a defensa das políticas públicas. É experto en análise cualitativa das redes sociais, o uso de gráficos de coñecemento aplicados á desinformación e o desenvolvemento de ferramentas para apoiar o traballo de xornalistas e investigadores. Participou en mesas redondas sobre ética e intelixencia artificial e dirixiu sesións de formación e obradoiros sobre o uso da intelixencia artificial para profesionais da información e medios de comunicación sen ánimo de lucro. Tamén foi bolseiro da Fundación “La Caixa” e investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Instagram: @maldita.es

Tiktok: @malditobulo