Venres 25/04/25
10:30
Mercado de Carballo

ZONA PRO. Adictas ao true crime. Con Sofá, manta y crimen; La crónica oscura e Spotify Podcast

Non se pode discutir, interésanos un bo misterio e fascínanos entender a maldade humana. O mundo do true crime está a vivir un dos seus mellores momentos, impulsado polo éxito do xa clásico “Crims” catalán. Queremos falar do formato, o estilo a ambientación, os conflictos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify, “Sofá manta y crimen” e “La crónica oscura”. Tamén contaremos ca participación da equipa de Spotify Podcast para analizar este fenómeno a nivel de industria.

PanelZona PRO

Participan

Sofá, Manta y Crimen

“Sofá, manta y crimen” é un podcast de true crime feito por dúas amigas de toda a vida en ton distendido que empezou sendo unha idea horrible e ao final rematou sendo, efectivamente, unha idea horrible. Non obstante aficionaronse a contar historias e a opinar un poco, que no fondo é a gasolina da súa vida. Os seus capítulos consisten en narrar dúas historias de true crime. Primeiro un conta un caso, e despois tócalle ao otro. E, bueno, calquera parecido coa seriedade, a rigurosidade ou a elegancia é mera casualidade. Piden perdón de antemán.

Instagram: @sofamantaycrimen | TikTok: @sofamantaycrimen

Ana Orellana, de La Crónica Oscura

Ana é galega e comunicadora de nacemento -literalmente-  e, como non, apaixoada do true crime, o terror e o paranormal. Un bo día decidíu que quería compartir a súa peculiar afición con outras persoas e conectar con aqueles que tiveran os mesmos intereses que ela. ¿A solución? Crear “La crónica oscura”, un podcast onde explora os crimes máis impactantes e as historias de terror máis escalofriantes.

Instagram: @la_cronica_oscura | TikTok: @lacronicaoscura

Jesús Carbón, de Spotify Podcast

Jesús desenvolveu toda a súa carreira profesional en torno á xestión de contidos audiovisuais online. Primeiro en vídeo; axudando a profesionais, televisións e medios de comunicación a desenvolver a súa estratexia de contidos en YouTube e plataformas de vídeo; e despois en Mediaset España, liderando proyxctos en vídeo dixital e accións transmedia. Agora, continúa traballando con contidos online en audio e vídeo como responsable de partnerships con creadores, medios de comunicación e productoras de pódcasts en Spotify España.

Instagram: @spotifyspain