Domingo 7 de abril

Mercado de Carballo

11:30

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente. O CFA é dende a primeira edición un selo do festival que queremos seguir mantendo, nesta edición correrá da conta de Carolina Iglesias e Laura Márquez, que nos aseguran unha proposta divertida e para nostálxicas millennials.

Carolina Iglesias. Defínese como humorista, presentadora e creadora de contidos. Actualmente copresenta “Estirando el Chicle”, un dos podcasts máis exitosos do país, co que encheron o Wizink Center, batendo récords de humor en directo. Combina o seu traballo en medios audiovisuais coa creación de contidos en YouTube e Instagram. Un todoterreno millenial que dá voz a unha xeración.

Laura Márquez. Licenciada en comunicación audiovisual pola Universidade de Valencia, Laura Márquez comezou como guionista do Club da Comedia para continuar como coordinadora de guión e colaboradora de Late Motiv, con Andreu Buenafuente. Como ela mesma dixo, no fondo, o seu mellor chiste segue tendo ter un Máster en Creatividade e Guións de TV na Rey Juan Carlos.