Xoves 9 de setembro / 13h30 / Pazo da Cultura de Carballo



Con: Sonia Mendez (Angélica y Roberta), Irene Pin (Amnesia 3.0), Javi Camino (El viudo quiere mimos), Óscar Cruz (colectivo Porco Bravú). Modera: Lucía Estévez

Coas series web como protagonistas, o Café con CREA deste ano busca ser un encontro entre diferentes profesionais para achegar posturas arredor da situación do formato en Galicia. Ábrese un debate para todos os públicos sobre o sentido a nivel persoal e profesional de proxectos fundamentais no panorama das series web en Galicia da man das principais creadoras e creadores. 

Coa evolución das novas tecnoloxías e o rápido crecemento das plataformas, que pasa coas series web a día de hoxe? Reflexionaremos sobre isto tamén con creadores e creadoras de series web como Sandra Lesta, David Fidalgo, Jorge Boquete, Miguel Canalejo ou Pedro Brandariz.