Sábado 11 de setembro / 19h00 / Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo



O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Nesta edición do festival o noso convidado será Esnórquel, que fará en “Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p” un percorrido por vídeos de Youtube de alcalce queer que o marcaron durante a súa adolescencia na aldea e na universidade, e que foron paralelos ao seu crecemento como “maricón pintao”.

ESNÓRQUEL

Enrique Aparicio (Alpera, Albacete, 1989). Xornalista cultural freelance (vamos, tres veces precario), colabora en medios como Yasss.es, Píkara Magazine, Cinemanía, Jenesaispop ou a revista da Academia de Cine. Gañador do Premio Fungible de Relato Joven de Alcobendas en 2017 e o accésit do Premio Paco Rabal de Periodismo Cinematográfico de AISGE en 2020. Creador xunto a Beatriz Cepeda do podcast ¿Puedo hablar!, que supera os dous millóns de escoitas e é desde 2021 tamén un espectáculo en vivo. Maricón antes que persoa.