Xoves 9 de setembro / 21h00 / Pazo da Cultura de Carballo

”As aventuras e desventuras dun personaxe que todo animal ou persoa leva no seu interior, unha caca.”

Despois de gañar o premio ao proxecto de serie en galego da pasada edición do festival, David Fidalgo volve ao Carballo Interplay para amosarnos os tres primeiros capítulos de Cacola, unha webserie de animación 2D dixital cunha estética cartoon con cores planas, animacións irreais e historias autoconclusivas cun ton de comedia absurda na que todo pode pasar.

E non só iso, tamén veremos o teaser da serie completa, parte do making of, conversaremos co director e ata nos dará tempo de aprender a canción de opening!